Un ano mais chega un momento clave do curso. O alumnado poderá reunirse nunha xuntanza de Nadal, que sen dúbida, este curso estará adicada ao noso Elfo, que tantas "trastadas" nos fixo este mes.
Tamén recibiremos á visita dos Reis Magos organizada pola ANPA Berbiriana.
Un ano mais participamos no proxecto Eco Percussion organizado polo Concello da Coruña. Entre os obxectivos está o recoñecemento de materiais de refugallo que poden ser reconvertidos en instrumentos de percusión. Tamén, o de formar unha banda usando patróns rítmicos de xéneros Afrocaribeños, fermentando a coordinación, lateralidade, traballo en grupo e liderazgo.
O alumnado de 3º e 4º de educación primaria asistiu á obra de teatro Ninja, organizada polo Concello da Coruña. Unha obra lúdica e padagóxica que aborda o acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade se traslada o mais importante para resolver un problema: visualizalo.