Skip to Content

Rutas urbanas animadas: Parque de Santa Margarida

Os pequenos exploradores de 4º de educación infantil acudiron á visita ao Parque de Santa Margarida, un programa que pertence ás rutas urbanas animadas organizadas polo Concello de A Coruña.

O reto explorador consistía en axudar a "Cascanueces" o gardián do parque, a levar a cabo as súas rutinas de coidado e vixianza. Como podedes ver, obxectivo conseguido!

 

 

ITINERARIO: "A Cidade de María Pita"

O alumnado de 4º de educación primaria asistiu a un dos itinerarios organizados polo Concello de A Coruña: "A cidade de María Pita". O obxectivo era coñecer a súa historia e adentrarse nun dos edificios mais emblemáticos da cidade, a casa de María Pita. Mediante diferentes actividades de observación foron construíndo unha liña temporal ao redor da vida de María. Encantounos!

 

Proxecto Semente - Mercado en María Pita

E por fin chegou o gran día! A coorperativa Artilandia formada polo alumnado de 3º de educación primaria lanzou a súa venta de xoias no mercado de María Pita, ultima actividade enmarcada dentro do Proxecto Semente; organizado polo Concello de A Coruña. 

Encantounos formar parte desta iniciativa de traballo en equipo, na que vivimos de primeira man o que é formar unha "empresa na escola". 

 

Novas na prensa

 

Rutas urbanas animadas: "Tesouros de María Pita"

O alumnado de 2º de educación primaria participou na actividade "Tesouros de María Pita" organizada polo Concello de A Coruña. Esta visita está enmarcada dentro das rutas animadas do Concello de A Coruña que buscan que o alumnado poda coñecer os lugares mais característicos da nosa cidade. Un éxito!

 

 

Comezamos co pintado do mural: "Camiñando cara a igualdade"

Dentro das accións do proxecto da ANPA "Camiñando cara a igualdade", chegamos á que mais nos tardaba, o pintado da zona cuberta exterior do patio.

Esta actividade da continuidade ao proxecto de "dinamización do noso patio" que iniciamos fai 3 cursos escolares, e no que colaboran co centro, a ANPA e o Concello.

O mural continua coa iconografía mariña que nos representa, e por suposto, toma como eixe central, a temática de igualdade. Estas foron as dúas ideas que se lanzaron ao alumnado para que realizase as súas propostas de deseño. E finalmente, será unha composición dos 4 deseños presentadas polos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º E.P. os que darán lugar á ilustración na que nos somerxeremos no noso patio cuberto.

Un fermoso traballo en equipa ao que por fin, damos comezo!

 

 

Podcast: "Novas no centro"

 

Pérez & Fernández - Rosa y Azul

Dentro do proxecto da ANPA "Camiñando en igualdade" recibimos a compañía de teatro: Pérez & Fernández, coa presentación da súa obra: "Rosa e Azul". Un espectáculo de narración oral, con contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero. 

 

Pérez & Fernández 

  

Fixeron dous pases, un para todo o alumnado de educación infantil e outro, para 1º e 2º de educación primaria. Un éxito! Moitas grazas!

 

 

Saída ao Ventoso

Distribuir contido


by Dr. Radut