O alumnado de 3º de educación primaria participa no Proxecto Semente organizado polo Concello de A Coruña. É un programa educativo que pretende fomentar e difundir os valores da economía social e do espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.
No mes de abril o alumnado que participa no proxecto, un total de 150 alumnas e alumnos de nove centros educativos da cidade, que conforman as 20 cooperativas que participarán no mercado que se celebrará o vindeiro 19 de maio na praza de María Pita, asistiron a recepción por parte da alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Educación Jesús Celemín; onde se lles entregaron as licencias de venta para o mercado. Aquí podedes consultar a noticia:
Esperamos a vosa visita o 19 de maio na praza de María Pita