Skip to Content

Podcast: entrevistamos a Silvia Penide

ENLACE AO PODCAST NO BLOG "DE LETRA EN LETRA" DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Proxecto Semente - Cooperativa Artilandia

Xa temos todo preparado para asistir ao mercado que organiza o Concello de A Coruña enmarcado dentro do Proxecto Semente. Somos a cooperativa "Artilandia", así fixemos a nosa presentación no Pleno: 

Con moita ilusión preparamos as xoias para o mercado: 

Este venres 19 de maio estaremos no mercado en María Pita a partir das 17.00 horas. Estaremos encantadas/os de que nos acompañedes!

Silvia Penide en concerto - Día das Letras Galegas

 

"Diferentes diferenzas. Van sumando, van sumando.

Se non son igual que ti,  é normal, mellor así, temos moito mais que ver, se pechamos os ollos"

Grazas Silvia!

 

 

Nos vindeiros días poderedes escoitar o podcast da entrevista realizada a Silvia Penide.

En "Primaveira das letras" poderedes navegar na vida e obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado na 60ª edición da festividade do Día das Letras Galegas:

Silvia Penide en concerto!

Encontro literario con Andrea Maceiras

O alumnado de 4º e 6º de educación primaria tivo a oportunidade de asistir a un encontro literario realizado na nosa biblioteca "BiblioGolfi" coa autora Andrea Maceiras. Encantounos

Non deixedes de visitar o blog de Golfi, sempre hai novidades!:

2 DE MAIO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 ENLACE AO PADLET:

Unha das actividades que mais nos gusta organizar na escola é aquela na que compartimos momentos entre os diferentes cursos. Isto foi o que fixemos para conmemorar o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Organizamos unha convivencia entre diferentes cursos co obxectivo de poder ver estes curtos que propoñemos no Padlet e, despois escoitar cales son as ideas,  preocupacións, solucións... que xorden nesa xuntanza entre clases.

Foi unha experiencia moi boa, que nos fixo reflexionar sobre a importancia de ser un gran equipo unido. 

De letra en letra

O alumnado de 4º de educación primaria fai a súa primeira toma de contacto coa edición de podcast. Pero atención!!! Seguide o blog, porque isto só e o comezo dunha morea de podcast sobre temas de actualidade que están por chegar!

BLOG "DE LETRA EN LETRA"

Distribuir contido


by Dr. Radut