Skip to Content

Comezamos co pintado do mural: "Camiñando cara a igualdade"

Dentro das accións do proxecto da ANPA "Camiñando cara a igualdade", chegamos á que mais nos tardaba, o pintado da zona cuberta exterior do patio.

Esta actividade da continuidade ao proxecto de "dinamización do noso patio" que iniciamos fai 3 cursos escolares, e no que colaboran co centro, a ANPA e o Concello.

O mural continua coa iconografía mariña que nos representa, e por suposto, toma como eixe central, a temática de igualdade. Estas foron as dúas ideas que se lanzaron ao alumnado para que realizase as súas propostas de deseño. E finalmente, será unha composición dos 4 deseños presentadas polos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º E.P. os que darán lugar á ilustración na que nos somerxeremos no noso patio cuberto.

Un fermoso traballo en equipa ao que por fin, damos comezo!

 

 



page | by Dr. Radut