Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

   

Directrices sobre o uso de máscaras 22/04/2022

Situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara

  • As persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar.

Situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara

Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de medidas de protección que, ao longo da pandemia, téñense amosado eficaces. Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro. 

Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos no ámbito educativo

Recoméndase especialmente para casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos o uso de forma constante da máscara e evitar actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade de 1,5 metros con outras persoas (Ex.: comer ou beber en presenza doutras persoas). O uso da máscara nestas situacións debe ir acompañado doutras medidas de prevención como evitar o contacto con persoas de grupos vulnerables e reducir todo o posible as interaccións con outras persoas. Estas recomendacións deberán aplicarse durante 10 días dende inicio de síntomas, dende o diagnóstico (no caso de persoas asintomáticas) ou dende a data do último contacto (no caso de contactos estreitos). En calquera caso debe lembrarse a recomendación xeral de non asistir ao centro educativo se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís.

 

ENLACE AO DOCUMENTO DA XUNTA

ENLACE AO REAL DECRETO 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras



page | by Dr. Radut