Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

   

Novidades protocolo 04/03/2022

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

  • Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables. Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.
  • Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.
  • Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.
  • A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.
  • Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.
  • No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas. 

 

1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. 



page | by Dr. Radut