POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO
O alumnado do CEIP Xesús Golmar fixo gala dunha excelente organización na primeira xornada de exhibición de xogos populares acompañada de magosto, celebrada o día de San Martiño.
Unha xornada inesquecible na que profesorado e alumnado gozaron dunha mañá plena de ilusión que contou coa participación de todo o colexio.
Tanto o profesorado como os grupos de alumnado fron rotando por todos os xogos que se desenvolveron nun ambiente de animación e ledicia.
Hai que salientar a perfecta sincronización e organización dos mesmos.
Agradecer á coordinadora de ENDLG, ás outras coordinacións, á imprescindible colaboración de todo o profesorado e ao bo saber facer do alumnado e do persoal non docente, ás mamás e aos papás, provedores da materia prima e, como non, ao panadeiro que xentilmente se ofreceo a asalas. A vosa colaboración e esforzo permitiunos ofrecer unha xornada para a lembranza.
Os meus parabéns a toda a comunidade educativa.
E para que conste:
Quedamos con gañas de máis!
Premer aquí para ver máis fotografías