CONCURSO CARTEL DOS REIS MAGOS 2022
ACHEGAMOS A PROPOSTA DO CONCELLO DE CAMBRE PARA O ALUMNADO DE 3º,4º E 5º DE E.P.
Concurso “Cartel de Reis Magos”
O Concurso de “Cartel de Reis Magos” en Cambre vai dirixido ao alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria dos colexios públicos do municipio de Cambre.
Os/as participantes do concurso teñen que facer un debuxo da festividade dos Reis Magos en Cambre.
- Presentarase o cartel pintado e decorado con distintos motivos, lenda ou ambos, que fagan referencia á cabalgata dos Reis Magos en Cambre, en cartolina tamaño folio A-4, en horizontal. É recomendable que a cor da cartolina sexa branca.
- Empregarase a lingua galega.
- O prazo de entrega do cartel rematará o venres 9 de decembro de 2022, e serán recollidos a partir dese día por persoal municipal en cada centro escolar.
- Para participar no concurso deberá entregar o cartel no centro escolar ao seu/súa titor/a: cos datos compretos do alumno/a participante: nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono particular, colexio, curso e aula e correo electrónico da nai/ pai ou titor/a do concursante.
O debuxo gañador do concurso será o cartel anunciador da cabalgata de Reis de Cambre no ano que corresponda.
RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES NADAL 2022
ESTE NADAL O CENTRO PROMOCIONA A INICIATIVA DE EQUUS ZEBRA
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2024/2025
Para obter información do proceso de renovación parcial dos membros do Consello Escolar 2024/25, premede AQUÍ
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR SECTOR PAIS - NAIS - TITORES LEGAIS
CANDIDATURA DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
O prazo de presentación de candidaturas abrangue dende 30 de outubro ata o 11 de novembro ambos os dous inclusive.
O 18 de outubro realizaremos o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.
Os membros integrantes das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 70.2 da lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), da función pública de Galicia:
"podera concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal".
PUBLICAREMOS NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO A RELACIÓN DE CANDIDATURAS NOS DIFERENTES SECTORES.
O prazo de reclamación ás candidaturas remata o 14 de novembro de 2024.
INSTRUCIÓNS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN MEDIDAS COVID-19 5 DE SETEMBRO
Achegamos as instrucións publicadas pola Consellería de Educación o día 5 de setembro sobre as medidas COVID-19 para o curso escolar 22-23
ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2022/2023
ENTRADAS:
Apertura das portas 09:20 h.
A entrada ao colexio de Educación Infantil, 1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP será pola porta principal.
A entrada do alumnado transportado (bus escolar) será pola porta do aparcadoiro.
A entrada ao colexio do alumnado de 5º e 6º de EP será pola porta branca (zona traseira colexio, ao lado do pavillón).
SAÍDAS:
Educación Infantil:Alumnado que se vai para casa, apertura de portas ás 14:20, os pais/nais/ titores legais e/ou autorizados achegaranse ao patio cuberto diante da porta do edificio de infantil.
Educación Primaria:
1º, 3º, 4º EP: o alumnado que vai para casa, hora de saída 14:30, sairá pola porta do edificio principal.
2º EP: o alumnado que se vai para casa sairá ás 14:30 horas pola porta do edificio de biblioteca.
5º e 6º EP: o alumnado que se vai para casa, sairá pola porta branca da parte traseira do colexio ás 14:30 horas.
Lembramos que poderán ir sós para casa o alumnado de 5º e 6º de EP que teñan autorización firmada polos seus pais/nais/ titores legais.
ESTAMOS DE VOLTA!!!! CURSO 2022/2023
O COMEZO DAS CLASES DO CURSO 2022/2023 SERÁ O XOVES 8 DE SETEMBRO.
O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL,3 ANOS, TERÁ O PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO 8 DE SETEMBRO AO 16 DE SETEMBRO (AMBOS OS DOUS INCLUSIVE).
O SERVIZO DE COMEDOR DARÁ COMEZO O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2022 E REMATARÁ O 21 DE XUÑO DE 2023, COINCIDINDO CO DERRADEIRO DÍA DO CURSO 22/23.
O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL INCORPORARASE AO SERVIZO DE COMEDOR O LUNS 19 DE SETEMBRO DE 2022.
MAÑÁ MARTES 6 DE SETEMBRO PUBLICARASE NESTA PÁXINA WEB A DISTRIBUCIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO DO CENTRO
AXUDAS LIBROS DE TEXTO/ MATERIAL ESCOLAR 2022-2023
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022
Información axudas..... prema aquí
Orde do 29 de abril de 2022 (DOGA 18 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto .... prema aquí
SOLICITUDE: .... anexoI / anexoII (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
ENTREGA DAS SOLICITUDES E DA DOCUMENTACIÓN
- Presencialmente no centro escolar en horario de 09:30 a 14:00 horas.
- En liña accedendo á aplicación Fondo Libros: https:www.edu.xunta.es/fondolibros
- En liña a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (chave365).
PRAZOS DA RESOLUCIÓN
Publicación das listaxes provisionais: 29 de xuño de 2022
Reclamacións ás listaxes provisionais: 30 de xuño e 1 de xullo de 2022
Publicación das listaxes definitivas: 5 de xullo de 2022
RECOLLIDA DOS VALES DE MATERIAL ESCOLAR E DE LIBROS DE TEXTO
Do 5 ao 11 de xullo de 2022. Poderán recollelos na secretaría do centro en horario 10h a 14h. Só poderá recollelos a persoa solicitante ou algún maior de idade autorizado, previa presentación de copia do DNI do solicitante e ensinando o seu DNI.
PRAZOS PARA SOLICITAR OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR
Informámoslles que do 20 ao 31 de maio ábrese o prazo para presentar as solicitudes dos servizos complementarios (comedor e transporte escolar) do vindeiro curso 2022/2023 para o alumnado xa matriculado no centro.
As solicitudes poderán descargalas da páxina web do centro ou recollelas en administración. Deberán presentar unha solicitude por alumno/a pero achegar a documentación só nunha delas.
HORARIO DE ENTREGA EN ADMINISTRACIÓN DE 09:30 A 14:00h.
O alumnado novo poderá solicitar estes servizos no período de formalización de matrícula, do 21 ao 30 de xuño.
SOLICITUDE DE COMEDOR
SOLICITUDE DE TRANSPORTE
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023
LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS/ NON ADMITIDOS CURSO 2022/2023
TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO NOSO CENTRO TENA CONCEDIDA,
A EXCEPCIÓN DO NIVEL DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
PODERASE CONSULTAR DITA INFORMACIÓN ÚNICAMENTE:
-PRESENCIALMENTE: NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS INTERIOR DO CENTRO. UBICADO NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO.
- TELEMÁTICAMENTE: A TRAVÉS DA APLICACIÓN admisionalumnado EMPREGANDO A chave365 OU O CERTIFICADO DIXITAL.
LISTAXE DE ADMITIDOS/ NON ADMITIDOS CURSO 2022/2023
TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO NOSO CENTRO TENA CONCEDIDA,
A EXCEPCIÓN DO NIVEL DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ONDE FOI NECESARIO BAREMAR.
PODERASE CONSULTAR DITA INFORMACIÓN ÚNICAMENTE:
-PRESENCIALMENTE: NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS INTERIOR DO CENTRO. UBICADO NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO.
- TELEMÁTICAMENTE: A TRAVÉS DA APLICACIÓN admisionalumnado EMPREGANDO A chave365 OU O CERTIFICADO DIXITAL.
ABERTO O PERIODO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2022/2023
DO 1 DE MARZO AO 21 DE MARZO DO 2022
Para acceder ao documento de admisión prema aquí
VACANTES CURSO 2022/2023 NO NOSO CENTRO
para visualizar o documento premer aquí
INFORMACIÓN RESERVA DE PRAZAS CENTROS ADSCRITOS:
RESULTADO DE SORTEO DA LETRA NO CASO DE EMPATE (artigo 29 Orde 12 de marzo de 2013)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »