ENTROIDO 2024
QUENTANDO MOTORES PARA O NOSO ENTROIDO!!!
A semana do 5 ao 8 de febreiro teremos os mandadiños do Meco no colexio.
Pinchade no enlace para non perdervos nada!!!
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO PARA O CURSO 24/25
O prazo de presentación de solicitudes será desde O 15 DE XANEIRO ATA O 5 DE FEBREIRO DE 2024.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" na dirección web que se enlaza a continuación, http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado o formulario normalizado ED550A que se publica como Anexo I da Orde do 21 de outubro de 2022.
Enlace ao formulario normalizado premendo ED550A
Información sobre a reserva de prazas ás familias aquí
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente no centro educativo e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería de educación.
A DOCUMENTACIÓN ENTREGARASE NA TITORÍA ÁS RESPECTIVAS TITORAS NO PRAZO INDICADO (15 de xaneiro ao 5 de febreiro).
O ALUMNADO DE 6º CURSO QUE NON FAGA A RESERVA DE PRAZA NO IES "AFONSO X O SABIO" NO PRAZO ESTABLECIDO, DEBERA PARTICIPAR NO PROCESO XERAL DE ADMISIÓN COMO SE FOSE ALUMNADO NOVO, DEBENDO PRESENTAR CUMPRIMENTADO NO INSTITUTO QUE DESEXEN, DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024 O ANEXO II DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2022.
PRESENTACIÓN COORDINADORA DE BENESTAR
A coordinadora de Benestar do noso centro, presentase á comunidade educativa do Wenceslao Fernández Flórez
por medio da carta que deixamos no seguinte enlace, clicade enriba para acceder á carta:
carta de presentación coordinadora benestar
COMIDA SAÚDABLE NO WENCESLAO!!!!
NO COMEDOR ESCOLAR DO COLE TEMOS UN PROXECTO DE COCIÑA SAÚDABLE CON PESCADOS LOUREDA NOSO PROVEEDOR DE CONFIANZA!!!
deixámosvos esta información para que lle botedes unha ollada
ESTAMOS DE VOLTA!!!
INICIO DE CURSO 2023/2024
O novo curso 23/24 dará comezo o día 11 de setembro
QUENTANDO MOTORES!!!!
COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O NOVO CURSO 23/24!!!
AVISOS IMPORTANTES
PRECISAMOS QUE ANTES DO DÍA 11 DE SETEMBRO REMITADES AO CENTRO POR CORREO ELECTRÓNICO OU A TRAVÉS DA CAIXA DO CORREO:
- AS AUTORIZACIÓNS PARA RECOLLER AO ALUMNADO NO CENTRO OU NA PARADA DO AUTOBÚS PERSOAS DISTINTAS AOS PROXENITORES OU TITORES LEGAIS.
PREMEDE AQUÍ PARA DESCARGALA E CUBRILA
- AS AUTORIZACIÓNS PARA QUE O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA POIDAN IR SÓS PARA A CASA.
WENCESLAO NAS ONDAS!!!
A radio do WENCESLAO comezou a súa andaina!!!
Deixamos aquí o enlace á canle da nosa radio escolar: https://go.ivoox.com/sq/2037854
Xa están colgadas as tres primeiras entrevistas dos nos@s xornalistas
Lembrade subscribiros e darlle moito amor.
Que gocedes dos contidos!!!!
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos os dous incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao de formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.
BENEFICIARIOS/AS: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a continuación:
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (EP). O alumnado matriculado no noso centro en 5º e 6º de EP que participa no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/2024 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como as establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reunen os requisitos establecidos na orde do 10 de maio de 2023.
- Axudas para adquirir libros de texto destinados ao alumnado de 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde do 10 de maio de 2023.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.
AS SOLICITUDES PODERÁN PRESENTARSE:
- En liña pola sede electrónica da Xunta de Galicia (chave365) CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED330B
- En liña a través da aplicación fondolibros
- Presencialmente no centro escolar en horario de 10:00 a 14:00 horas.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar ED330B (Anexo I)
- Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
DATAS DE RESOLUCIÓN DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024
- LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUÍDOS (no taboleiro interior do centro, na sede electrónica ou na aplicación fondolibros): 26 DE XUÑO DE 2023
- RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS (no taboleiro interior do centro, na sede electrónica ou na aplicación fondolibros): 27 e 28 DE XUÑO DE 2023
- RESULTADO DAS RECLAMACIÓNS (no taboleiro interior do centro, na sede electrónica ou na aplicación fondolibros): 30 DE XUÑO DE 2023
- LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUÍDOS (no taboleiro interior do centro, na sede electrónica ou na aplicación fondolibros): 4 DE XULLO DE 2023
NOTA INFORMATIVA: OS VALES PODERÁN RECOLLERSE O 6 e o 7 DE XULLO DE 2023 E NA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO.
CONCERTO OS SOÑOS NA GAIOLA 20/05/23
MAÑÁ, SÁBADO 20 DE MAIO DE 2023, O CORO DO NOSO CENTRO PARTICIPA NESTA FERMOSA INICIATIVA
grazas a labor da profesora de música do noso cole, a profe Marisol, e o resto de profesionais implicado.
AS FAMILIAS DO ALUMNADO DO CORO PREMENDO AQUÍ TEDES TODA A INFORMACIÓN ACERCA DE COMO É A ORGANIZACIÓN DO EVENTO
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »