Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

(DOG 19 de maio de 2023)

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos os dous incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao de formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.

BENEFICIARIOS/AS: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a continuación:

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (EP). O alumnado matriculado no noso centro en 5º e 6º de EP que participa no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/2024 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como as establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reunen os requisitos establecidos na orde do 10 de maio de 2023.
  • Axudas para adquirir libros de texto destinados ao alumnado de 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde do 10 de maio de 2023.
  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.

AS SOLICITUDES PODERÁN PRESENTARSE: 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  1. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar ED330B (Anexo I)
  2. Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II)
  3. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  4. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

DATAS DE RESOLUCIÓN DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

 

  • LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUÍDOS (no taboleiro interior do centro, na sede electrónica ou na aplicación fondolibros): 26 DE XUÑO DE 2023
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS (no taboleiro interior do centro, na sede electrónica ou na aplicación fondolibros): 27 e 28 DE XUÑO DE 2023
  • RESULTADO DAS RECLAMACIÓNS (no taboleiro interior do centro, na sede electrónica ou na aplicación fondolibros): 30 DE XUÑO DE 2023
  • LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUÍDOS (no taboleiro interior do centro, na sede electrónica ou na aplicación fondolibros): 4 DE XULLO DE 2023

 

NOTA INFORMATIVA: OS VALES PODERÁN RECOLLERSE O 6 e o 7 DE XULLO DE 2023 E NA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO.