SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (COMEDOR ESCOLAR - TRANSPORTE ESCOLAR) CURSO 2023/2024
SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024
SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023/2024
Alumnado matrículado no centro entrega na administración do centro entre o 19 de maio e o 31 de maio de 2023.
Alumnado de nova incorporación no centro entrega na administración do centro entre o 20 e o 30 de xuño de 2023.
ENQUISAS DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2023
ENQUISAS CONVIVENCIA ESCOLAR 2023
No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 púxose en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo de participación é do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).
Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Nesta enquisa participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa (alumnado 5º e 6ºEP, profesorado, persoal non docente e familias).
Por iso no día de hoxe os vos@s fill@s achegáronvos unha comunicación con información e a clave de acceso para poder realizar a enquisa, os que tedes varios fill@s no centro, só a levou o maior.
Só tedes que cubrir unha enquisa por cada centro no que tedes matriculado algún fillo/a, independentemente do número de nenos/as que cursen estudos no mesmo centro.
Tedes aquí os enlaces a dous documentos que poden servos de axuda:
- Guía para responder a enquisa de Convivencia Escolar 2023.
- Enquisa de diagnose da Convivencia Escolar 2023. Preguntas frecuentes.
CONVOCATORIA BECAS ALUMNADO CON N.E.A.E PARA O CURSO 23/24
NO DÍA DE ONTE 26/04/2023
publicouse a RESOLUCIÓN DO 20 DE ABRIL DE 2023 da secretaria de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2023/2024. (BOE 26 DE ABRIL DE 2023)
clicade aquí para acceder a Resolución.
O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES ABRANGUE DENDE O 8 DE MAIO AO 20 DE SETEMBRO DE 2023
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 23/24
No día de hoxe 25/04/2023
publicouse no taboleiro interior do noso centro (edificio administrativo) e na aplicación admisionalumnado
A LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 23/24
resultaron admitidas todas as solicitudes presentadas
Poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar (Art. 35.2)
O15 DE MAIO PUBLICARASE A LISTAXE DEFINITIVA POLOS MESMOS MEDIOS
publicada no taboleiro interior do noso centro (edificio administrativo) e na aplicación admisionalumnado
A LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 23/24
non hai cambios con respecto a listaxe provisional
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 23-24
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2023-2024
O impreso de solicitude de admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos (código de procedemento ED550B) pode:
a) recollelo no centro escolar.
b) cumplimento en liña no seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ imprimilo e entregalo no centro escolar.
c) descargalo dende a páxina web do colexio e entregalo no centro escolar.
d) presentalo por Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave 365.
Xunto coa SOLICITUDE DE ADMISIÓN deben achegar:
1. Padrón.
2. Libro de familia.
3. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de darse o caso.
4. Certificado de matrícula (se o alumnado procede doutro centro educativo).
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA: O ALUMNADO QUE AO CUMPRIR 3 ANOS
INCORPÓRASE POR 1ª VEZ A UN CENTRO EDUCATIVO SOSTIDO CON FONDOS PÚBLICOS
O Concello de Cambre remitiu aos centro educativos do Concello a seguinte información:
para acceder a ela preme aquí
A TÚA OPINIÓN IMPORTA!
Estimadas familias:
Queda á vosa disposición un cuestionario para recoller información sobre algúns aspectos relacionados coa vida no centro a fin de poder elaborar o PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA (PROA+).
O cuestionario permanecerá aberto ata o día 3/03/2023.
Podedes acceder premendo no seguinte enlace:
CARREIRA SOLIDARIA 2023
O día 27 de xaneiro, con motivo do "Día da Paz", celebramos a Carreira Solidaria KILOS DE PAZ.
A participación foi un éxito: todo alumnado do centro e un número importante de nais e pais
(e algunha avoa) cooperaron na iniciativa promovida polo Equipo de Actividades Complementarias,
aportando o seu esforzo físico e alimentos e produtos de hixiene que se destinaron
á Despensa Municipal de Alimentos do Concello de Cambre.
O resultado final reflicte:
- un gran número de kilómetros percorridos
- un total de 59 caixas que contiñan kilos de paz e solidariedade cos máis necesitados.
Podedes ver un vídeo conmemorativo premendo na imaxe
TEDES TODA A INFORMACIÓN PREVIA PREMENDO AQUÍ
INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN.
O prazo de presentación de solicitudes será desde O 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO DE 2023.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" na dirección web que se enlaza a continuación, http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado o formulario normalizado ED550A que se publica como Anexo I da Orde do 21 de outubro de 2022.
Enlace ao formulario normalizado premendo ED550A
Información sobre a reserva de prazas ás familias aquí
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente no centro educativo e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería de educación.
A DOCUMENTACIÓN ENTREGARASE NA TITORÍA ÁS RESPECTIVAS TITORAS/TITOR NO PRAZO INDICADO
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »