RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2024/2025
Para obter información do proceso de renovación parcial dos membros do Consello Escolar 2024/25, premede AQUÍ
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR SECTOR PAIS - NAIS - TITORES LEGAIS
CANDIDATURA DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
O prazo de presentación de candidaturas abrangue dende 30 de outubro ata o 11 de novembro ambos os dous inclusive.
O 18 de outubro realizaremos o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.
Os membros integrantes das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 70.2 da lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), da función pública de Galicia:
"podera concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal".
PUBLICAREMOS NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO A RELACIÓN DE CANDIDATURAS NOS DIFERENTES SECTORES.
O prazo de reclamación ás candidaturas remata o 14 de novembro de 2024.
CURSO 2024/2025
INICIO CURSO 2024/2025
O novo curso dará comezo o 11 de setembro de 2024
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2024/2025
INFORMACIÓN FONDO SOLIDARIO, LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25
LEXISLACIÓN que rexe o procedemento: Orde do 7 de maio de 2024
RESUMO Orde do 7 de maio de 2024
solicitude procedemento: ED330B
Presentación da documentación pola sede electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
https://sede.xunta.gal/portada
IMPORTANTE: PARA A RECOLLIDA DOS VALES DE FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR, DE AQUELAS PERSONAS QUE NON POIDAN VIR A RECOLLELO, ACHÉGASE UNHA AUTORIZACIÓN PARA DELEGAR NOUTRA PERSOA (COA DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE APORTAR).
CLICADE NO ENLACE: AUTORIZACIÓN RECOLLIDA VALES
SOLICITUDE DE PERSOAS AUTORIZADAS PARA RECOLLER AO ALUMN@ - SOLICITUDE PARA MARCHAR SÓ/SOA CURSO 2024/2025
SOLICITUDE DE PERSOAS AUTORIZADAS PARA RECOLLER AO ALUMN@. CURSO 2024/2025
SOLICITUDE DE PERSOAS AUTORIZADAS. CURSO 2024/2025
IMPORTANTE: PARA O VINDEIRO CURSO 24/25, INCLUIDE NA AUTORIZACIÓN AOS PAIS/ NAIS/ TITORES LEGAIS DO ALUMNADO NO DOCUMENTO.
SOLICITUDE PARA MARCHAR SÓ/SOA A CASA. CURSO 2024/2025. Alumnado 5º e 6º.
SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (COMEDOR ESCOLAR - TRANSPORTE ESCOLAR) CURSO 2024/2025
SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025
SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024/2025
Alumnado matrículado no centro entrega na administración do centro entre o 21 de maio e o 31 de maio de 2024.
Alumnado de nova incorporación no centro entrega na administración do centro entre o 20 e o 30 de xuño de 2024.
CONVOCATORIA DE BECAS PARA O ALUMNADO CON N.E.A.E CURSO 2024/2025
APERTURA DO PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
CURSO 2024/2025
O prazo para presentar as solicitudes será desde o 30/04/24 ata o 13/09/24
As solicitudes tanto de axudas como de subsidios, deberan cumprimerntarse mediante o formulario accesible na dirección:
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2024-14197
ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección:
ADMISIÓN CURSO 2024-2025
O impreso de solicitude de admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos (código de procedemento ED550B) pode:
a) recollelo no centro escolar.
b) cumplimento en liña no seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ imprimilo e entregalo no centro escolar.
c) descargalo dende a páxina web do colexio e entregalo no centro escolar.
d) presentalo por Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave 365.
Xunto coa SOLICITUDE DE ADMISIÓN deben achegar:
1. Padrón.
2. Libro de familia.
3. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de darse o caso.
4. Certificado de matrícula (se o alumnado procede doutro centro educativo).
CALENDARIO DE PRAZOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA (prema aquí)