ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2022/2023
ENTRADAS:
Apertura das portas 09:20 h.
A entrada ao colexio de Educación Infantil, 1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP será pola porta principal.
A entrada do alumnado transportado (bus escolar) será pola porta do aparcadoiro.
A entrada ao colexio do alumnado de 5º e 6º de EP será pola porta branca (zona traseira colexio, ao lado do pavillón).
SAÍDAS:
Educación Infantil:Alumnado que se vai para casa, apertura de portas ás 14:20, os pais/nais/ titores legais e/ou autorizados achegaranse ao patio cuberto diante da porta do edificio de infantil.
Educación Primaria:
1º, 3º, 4º EP: o alumnado que vai para casa, hora de saída 14:30, sairá pola porta do edificio principal.
2º EP: o alumnado que se vai para casa sairá ás 14:30 horas pola porta do edificio de biblioteca.
5º e 6º EP: o alumnado que se vai para casa, sairá pola porta branca da parte traseira do colexio ás 14:30 horas.
Lembramos que poderán ir sós para casa o alumnado de 5º e 6º de EP que teñan autorización firmada polos seus pais/nais/ titores legais.