NOVAS

 

          BENVIDOS AO CURSO 2024/2025

  As clases comezan o mércores 11 de setembro. Toda a información das presentacións aquí

 

 

    FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

   AUDITORIO DA CASA DA CULTURA DE BURELA

    XOVES 16 DE MAIO A PARTIR DAS 10:30 HORAS

 

 

  "SOMOS NATUREZA E EMOCIÓNS"

   Exposición de arte realizada polo alumnado do noso colexio

   Sala de exposicioóns da Casa da Cultura de Burela

   Do 8 ao 16 de maio, de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas

 

 

 CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024/2025

 CALENDARIO ESCOLAR CEIP VIRXE DO CARME 2024/2025 

 

  LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025 

 

NOVAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Boas a todos e todas!!!! Velaquí está, xa chegou o Día das Letras Galegas!!!! E comezamos os actos conmemorativos no noso cole cunha canción composta e cantada polo alumnado de 4°, 5° e 6° de Primaria, coa axuda da mestra e mestre de Música. Un fermoso e gran traballo!! Fixéstelo xenial!!!! Tanto que no cole non podemos deixar de cantala e queremos compartila para que tamén o poidades facer vós.
Letra da canción: alumnado 4°, 5° e 6° de Primaria e mestres de Música.
Base musical: Proud Mary (Rolling on the River) de Creedence Clearwatwer Revival.

 NotasMusicalesAnimadas.gif (350×241) | Actividades musicales preescolares,  Actividades musicales para niños, Enseñanza musical

 

PROXECTO "OS PINTORES": Keith Haring

O alumnado de 6º de Educación Infantil está levando a cabo un proxecto nas aulas para coñecer a obra de artistas modernos. Están facendo un traballo moi creativo e orixinal. Se queredes coñecelo facede clic no enlace o veredes o resultado de todo o que traballaron aos nosos e nosas artistas.

 

"PORTAS ABERTAS VIRTUAL"

"Entra" no cole, fai clic na imaxe para ver o video.

 

Para máis información clic aquí

 

 

PROTOCOLO COVID 19

CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

 

 

 

 

 

 

 

 

PLAN DE CONTINXENCIA PROTOCOLO SIMPLIFICADO INFORMACIÓN COMEDOR
 

CALENDARIO ESCOLAR

               

  

VIDEO PROFES 

ENTROIDO

Un ano máis celebramos o Entroido no centro, con moitas limitacións pero co mesmo ánimo de sempre  e máis ilusión ca nunca. Gozade dos marabillosos disfraces que lucimos. Todo foi "Máxico".

(Clic na imaxe para velo)

Resultado de imagen de gifs de magia harry potter

 

 DÍA DA PAZ

Hoxe é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Neste ano tan complicado e duro, no cole dedicamos algunhas horas desta semana a traballar o tema da Paz. O resultado foi a creación de centos de pombas que carrexan os desexos de cada un dos nenos, nenas e profes, inundando así o cole de fermosos desexos de paz, amor, esperanza, agarimo, apertas, saúde, ledicia e ilusión por un mundo mellor. Desexos que agardamos traspasen os muros da nosa escola e se espallen polo mundo. Comezamos compartíndoos con vós, familias!!!!

 

ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2021/22

 

Para organizar as entradas e saídas escalonadamente, respondendo ao protocolo da Consellería de Educación, realizaranse segundo se describe a continuación, haberá profesorado de garda en cada cancela para garantir a correcta entrada do alumnado

Ø  ENTRADA 1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-       De 8:55 a 9:05 h. Entrada pola rampa que da á “Rúa do Colexio”. Accederán directamente á aula sen facer fila. Na aula estará o profesor ou profesora correspondente.

 Ø  SAÍDA 1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-      1º E.P. -> 13:55 h.

-       2º E.P. -> 14:00 h.

-         Sairán pola mesma rampa da entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.

 Ø  ENTRADA 3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          De 8:55 a 9:05 h. Entrada pola cancela da “Rúa das Escolas”. Accederán ao seu edificio pola entrada principal.

 Ø  SAÍDA 3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          3º E.P. -> 13:55 h.

-          4º E.P. -> 14:00 h.

-          Sairán pola mesma cancela da entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.

Ø  ENTRADA 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-      De 8:55 a 9:05 h. Entrada pola cancela peonil do aparcamento. Unha vez no recinto escolar cada grupo entrará pola porta da súa aula, agás 5º A que entrará pola entrada do aparcamento.

 Ø  SAÍDA 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          5º E.P. -> 13:55 h.

-          6º E.P. -> 14:00 h.

-          Sairán pola porta da súa aula e pola mesma cancela de entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.

 Os grupos que teñan alumnado con autorización para saír sos, irán diante nas filas.

É moi importante que as familias manteñan a distancia de seguridade fóra do recinto escolar mentres esperan polos seus fillos ou fillas. Cando os recollan deberán axilizar a saída da zona para evitar mesturarse co resto de grupos.

 

Libros de texto para o curso 2023-2024

 

 

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

Anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2024/2025


De acordo co establecido na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Unversidades, do 21 de outubro de 2022 (DOG núm. 212 do 08/11/2022) pola que se desenvolve o  Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG núm 29. do 11/02/2022), que regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

 

 

 
 ADMISIÓN ALUMNADO (Para alumnos que comezan en Educación Infantil con 3 anos ou que reservan praza en primaria para o vindeiro curso por cambio de centro):
 
 As solicitudes de admisión constarán dun formulario normalizado Anexo II (ED550B) que será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible para a súa presentación na Sede electrónica da Xunta de Galicia(https://sede.xunta.gal)e na aplicación  AdmisionAlumnado  (www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365 poden presentalo en Sede electrónica a través da aplicación.
Só se pode presentar unha única solicitude de admisión no centro que elixan como primeira opción podendo sinalar outro centros 
 
Documentación que acompañará á solicitude:
-Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (Copia do libro de familia ou DNI se o tivese)
-Copia do DNI da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, só cando non autorice a consulta.
-No caso de pais separados a solicitude debe estar asinada por ambos proxenitores e acompañarase do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
-No caso de alumnado que se traslade de centro debe presentar un certificado de matrícula do centro de procedencia.
 
A solicitude de admisión cuberta e asinada xunto coa documentación que corresponda presentarase electrónicamente ou ben presencialmente no centro educativo elixido como primeira opción entre o 1 e o 20 de marzo de 2024.
 
 
 
NORMATIVA
 
  
Decreto 13/2022 do 3 de febreiro  (DOG 11/02/2022) que regula a admisión de alumnado
 
Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG núm 212, do 08/11/2022) que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado
 
 
 *Publicación dos postos escolares vacantes para o curso 2024-2025 no taboleiro interior do centro educativo
 
  
ADMISIÓN PARA NOVOS ALUMNOS - CURSO 2024-2025

- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

(ANEXO II)

- DO 1 AO 20 DE MARZO
-

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DO LISTADO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

- ANTES DO 25 DE ABRIL

- PUBLICACIÓN DEFINITIVA DO LISTADO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

- ANTES DO 15 DE MAIO
 - FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

- DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

** Para a formalización da matrícula do alumnado que empeza en 4º de Educación Infantil (3 anos) será necesario acudir a secretaría do centro para encher o impreso de matrícula. A documentación que se debe achegar é a seguinte:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • 4 fotos tamaño carné

O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2024 en horario de 9:00 a 14:00 horas

 

 

 

Distribuir contido

Back to top