Complementarias
Sobremesas de Entroido
Posted Febreiro 20th, 2020 by AnónimoDurante o curso 2019/20 o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme elaborou en colaboración coas súas familias un libro de receitas do Entroido promovido dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega que agora se fai público para compartir con toda a comunidade educativa do centro.
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019
Posted Maio 14th, 2019 by AnónimoFESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019
O venres 7 de xuño ás 10:00 horas da mañá na Casa da Cultura de Burela festexaremos o Día das Letras Galegas 2019 e convidamos a todas as familias do alumnado a asistir.
Encontro de Familias e Profesorado da Mariña- Programa Catuxa
Posted Maio 10th, 2019 by AnónimoENCONTRO DE FAMILIAS E PROFESORADO DA MARIÑA
Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme en colaboración co Programa Catuxa de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes dos IES públicos da Mariña Lucense convidamos ás familias e ao profesorado do noso centro a asisitir á conferencia o vindeiro 15 de maio no IES Perdouro de 18:30 horas a 20:30 horas.
As inscrición deben facerse en : programacatuxa@gmail.com ou no teléfono 604 067 520
O encontro, que contará coa participación de expertas en violencia de xénero e adolescencia da Plataforma Unitaria contra a Violencia de Xénero de Cataluña e do Centro de Información á Muller (CIM) de Ribadeo, ten por obxectivo dotar ás familias a ao persoal docente de ferramentas de detección da violencia de xénero que sufran ou que poidan sufrir no futuro as rapazas adolescentes e como actuar.
Porán atención ás dificultades que presenta a detección da violencia en menores de idade, xa que en moitas ocasións pasamos por alto sinais que atribuímos á adolescencia.
*Ver o cartel adxunto
Charla do Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia
Posted Maio 8th, 2019 by AnónimoEstimadas familias,
Dende a Comisión de Coordinación Pedagóxica do centro, entre as actividades que se programaron para traballar toda a comunidade educativa inclúese o 17 de maio, "Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia".
Co gallo desta celebración o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme invítavos a unha charla informativa que terá lugar o vindeiro venres 10 de maio no Salón de Actos do centro ás 16:00 horas. A duración da mesma é aproximadamente de 1 hora e será impartida por unha especialista en Mediación colaboradora do Concello de Burela.
Dado o interese e a importancia do tema, esperamos a vosa asistencia.
A dirección
VIAXE FIN DE CURSO DE 6º 2015
Posted Decembro 16th, 2015 by adminLetras Galegas 2012
Posted Maio 31st, 2012 by adminOs alumnos de 6ºA representaron a obra "Na consulta do SERGAS".
Teatro de fin de curso 2010-2011
Posted Maio 19th, 2012 by adminOs alumnos de 5º, dirixidos por Toñita Paleo, representan a obra "A canción do pirata"