MATRÍCULA
INICIO DE CURSO 11 DE SETEMBRO 2023
Posted Septembro 8th, 2023 by monicaINICIO DE CURSO 11 DE SETEMBRO DE 2023
Para dar comezo ao curso escolar 2023/2024 o luns 11 de setembro a entrada do alumnado organizarase segundo o seguinte horario:
EUCACIÓN PRIMARIA
- 9:30h - 5º e 6º de Ed. primaria
- 10:15h- 3º e 4º de Ed. primaria
- 11:00h- 1º e 2º de Ed. primaria
O alumnado e acompañantes dirixiranse ao salón de actos na hora establecida, pola cancela principal do Edificio 1 (fronte ao bar). O alumnado quedará no centro ata as 14:00 horas.
EDUCACIÓN INFANTIL
- 11:45h- 5º e 6º de Ed. infantil
O alumnado e acompañantes dirixiranse ao salón de actos na hora establecida, polo patio de Educación infantil.
ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2023/24
Durante o curso escolar 2023/24, as entradas e saídas no centro realizaranse segundo os horarios e accesos que a continuación se detalla:
➢EDUCACIÓN INFANTIL:
- ENTRADA: Patio de Educación Infantil.
- Apertura da cancela ás 8:50 h.
- Os/as acompañantes permanecerán co alumnado ata que entren no edificio coa súa titora. Cada grupo ten asignado un lugar para a formación das filas. Os adultos que recollan aos nenos e nenas ás 14:00 h esperarán nos sitios asignados para as filas para facilitar a entrega do alumnado.
- As cancelas pecharanse ás 9:00 horas.
➢EDUCACIÓN PRIMARIA:
- ENTRADA: Accederán ao recinto escolar polas dúas cancelas habilitadas para a entrada (Rampla da Rúa do Colexio e cancela da Rúa das Escolas).
- Apertura das cancelas 8:55 h.
- Os nenos e as nenas entrarán sos e dirixiranse directamente á súa aula.
- As cancelas pecharanse ás 9:00 h.No Edificio II haberá unha mestra ou mestre na porta de entrada para controlar a entrada e a orde na subida.Durante a semana do 11 ao 15 de setembro, o alumnado de 1º de Primaria poderá ser acompañado por un adulto ata a entrada do edificio.
SAÍDA:
-1º, 2º e 3º de E. Primaria: Rampa da Rúa do colexio. Sairán das aulas acompañados/as dos seus titores e titoras.
-4º de E. Primaria: Cancela da Rúa das Escolas. Sairán acompañados/as dos seus titores e titoras.
-5º e 6º de E. Primaria: Cancela peonil do aparcamento EdificioIII. Sairán acompañados/as dos seus titores e titoras. O alumnado destes cursos que se vaian sos poderán saír por calquera das saídas do centro.
Prégase puntualidade para a apertura e peche das cancelas. O alumnado que chegue tarde deberá acceder ao centro pola cancela principal do Edificio I. Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria esperarán nese edificio ata que algún mestre ou mestra os acompañe ata a súa aula. O resto de alumnado poderá ir só para a clase pasando previamente pola oficina da Admon.
RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO
Posted Xaneiro 31st, 2020 by AnónimoRESERVA DE PRAZA NO IES PERDOURO PARA O CURSO 2024/2025
De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022) e co Decreto 13/2022, do 3 de febreiro(DOG 11/02/2022) que regulan o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos:
- -Imprimir dito formulario e achegalo á secretaría do noso colexio entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2024
- -Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación
A listaxe definitiva de alumnado con posto reservado publicarase o día 22 de febreiro e poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior centro adscrito e do centro de adscrición ou a través da aplicación "admisionalumnado".
A listaxe provisional de admitidos no instituto publicarase o 25 de abril e a listaxe definitiva o 15 de maio de 2024.
* Aqueles alumnos/as que decidan matricularse noutro centro distinto do IES Perdouro deben presentar unha solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo no centro elixido.
Consultar manual da aplicación AdmisionAlumnado aquí
MATRÍCULA CURSO 2024-2025
Posted Febreiro 27th, 2012 by Anónimo
Anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2024/2025 |
De acordo co establecido na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Unversidades, do 21 de outubro de 2022 (DOG núm. 212 do 08/11/2022) pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG núm 29. do 11/02/2022), que regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:
ADMISIÓN PARA NOVOS ALUMNOS - CURSO 2024-2025 | |
- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (ANEXO II) |
- DO 1 AO 20 DE MARZO |
-
PUBLICACIÓN PROVISIONAL DO LISTADO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS |
- ANTES DO 25 DE ABRIL |
- PUBLICACIÓN DEFINITIVA DO LISTADO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS |
- ANTES DO 15 DE MAIO |
- FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA |
- DO 20 AO 30 DE XUÑO |
** Para a formalización da matrícula do alumnado que empeza en 4º de Educación Infantil (3 anos) será necesario acudir a secretaría do centro para encher o impreso de matrícula. A documentación que se debe achegar é a seguinte:
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do libro de vacinas
- 4 fotos tamaño carné
O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2024 en horario de 9:00 a 14:00 horas