MATRÍCULA CURSO 2024-2025

Anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2024/2025


De acordo co establecido na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Unversidades, do 21 de outubro de 2022 (DOG núm. 212 do 08/11/2022) pola que se desenvolve o  Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG núm 29. do 11/02/2022), que regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

 

 

 
 ADMISIÓN ALUMNADO (Para alumnos que comezan en Educación Infantil con 3 anos ou que reservan praza en primaria para o vindeiro curso por cambio de centro):
 
 As solicitudes de admisión constarán dun formulario normalizado Anexo II (ED550B) que será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible para a súa presentación na Sede electrónica da Xunta de Galicia(https://sede.xunta.gal)e na aplicación  AdmisionAlumnado  (www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365 poden presentalo en Sede electrónica a través da aplicación.
Só se pode presentar unha única solicitude de admisión no centro que elixan como primeira opción podendo sinalar outro centros 
 
Documentación que acompañará á solicitude:
-Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (Copia do libro de familia ou DNI se o tivese)
-Copia do DNI da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, só cando non autorice a consulta.
-No caso de pais separados a solicitude debe estar asinada por ambos proxenitores e acompañarase do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
-No caso de alumnado que se traslade de centro debe presentar un certificado de matrícula do centro de procedencia.
 
A solicitude de admisión cuberta e asinada xunto coa documentación que corresponda presentarase electrónicamente ou ben presencialmente no centro educativo elixido como primeira opción entre o 1 e o 20 de marzo de 2024.
 
 
 
NORMATIVA
 
  
Decreto 13/2022 do 3 de febreiro  (DOG 11/02/2022) que regula a admisión de alumnado
 
Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG núm 212, do 08/11/2022) que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado
 
 
 *Publicación dos postos escolares vacantes para o curso 2024-2025 no taboleiro interior do centro educativo
 
  
ADMISIÓN PARA NOVOS ALUMNOS - CURSO 2024-2025

- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

(ANEXO II)

- DO 1 AO 20 DE MARZO
-

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DO LISTADO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

- ANTES DO 25 DE ABRIL

- PUBLICACIÓN DEFINITIVA DO LISTADO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

- ANTES DO 15 DE MAIO
 - FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

- DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

** Para a formalización da matrícula do alumnado que empeza en 4º de Educación Infantil (3 anos) será necesario acudir a secretaría do centro para encher o impreso de matrícula. A documentación que se debe achegar é a seguinte:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • 4 fotos tamaño carné

O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2024 en horario de 9:00 a 14:00 horas

 

 

 

AdxuntoTamaño
2024_ Solicitude Admision_ED550B-G.pdf1.39 MB

Back to top