Encontro de Familias e Profesorado da Mariña- Programa Catuxa

ENCONTRO DE FAMILIAS E PROFESORADO DA MARIÑA

Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme en colaboración co Programa Catuxa de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes dos IES públicos da Mariña Lucense convidamos ás familias e ao profesorado do noso centro a asisitir á conferencia o vindeiro 15 de maio no IES Perdouro de 18:30 horas a 20:30 horas.

As inscrición deben facerse en : programacatuxa@gmail.com ou no teléfono 604 067 520

O encontro, que contará coa participación de expertas en violencia de xénero e adolescencia da Plataforma Unitaria contra a Violencia de Xénero de Cataluña e do Centro de Información á Muller (CIM) de Ribadeo, ten por obxectivo dotar ás familias a ao persoal docente de ferramentas de detección da violencia de xénero que sufran ou que poidan sufrir no futuro as rapazas adolescentes e como actuar.

 Porán atención ás dificultades que presenta a detección da violencia en menores de idade, xa que en moitas ocasións pasamos por alto sinais que atribuímos á adolescencia.

*Ver o cartel adxunto 

 

AdxuntoTamaño
Cartel_Encontro IES FAMILIAS_Programa Catuxa.pdf257.66 KB

Back to top