ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2021/22
Para organizar as entradas e saídas escalonadamente, respondendo ao protocolo da Consellería de Educación, realizaranse segundo se describe a continuación, haberá profesorado de garda en cada cancela para garantir a correcta entrada do alumnado
Ø ENTRADA 1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA
- De 8:55 a 9:05 h. Entrada pola rampa que da á “Rúa do Colexio”. Accederán directamente á aula sen facer fila. Na aula estará o profesor ou profesora correspondente.
Ø SAÍDA 1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA
- 1º E.P. -> 13:55 h.
- 2º E.P. -> 14:00 h.
- Sairán pola mesma rampa da entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.
Ø ENTRADA 3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA
- De 8:55 a 9:05 h. Entrada pola cancela da “Rúa das Escolas”. Accederán ao seu edificio pola entrada principal.
Ø SAÍDA 3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA
- 3º E.P. -> 13:55 h.
- 4º E.P. -> 14:00 h.
- Sairán pola mesma cancela da entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.
Ø ENTRADA 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA
- De 8:55 a 9:05 h. Entrada pola cancela peonil do aparcamento. Unha vez no recinto escolar cada grupo entrará pola porta da súa aula, agás 5º A que entrará pola entrada do aparcamento.
Ø SAÍDA 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA
- 5º E.P. -> 13:55 h.
- 6º E.P. -> 14:00 h.
- Sairán pola porta da súa aula e pola mesma cancela de entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.
Os grupos que teñan alumnado con autorización para saír sos, irán diante nas filas.
É moi importante que as familias manteñan a distancia de seguridade fóra do recinto escolar mentres esperan polos seus fillos ou fillas. Cando os recollan deberán axilizar a saída da zona para evitar mesturarse co resto de grupos.