AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA.
CORONAVIRUS: COVID-19
1. A qué persoas vai dirixido?
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.
2.En qué consiste a axudas?
As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
3.Qué axuda se vai a percibir?
(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total
(1,50 €) para o alumnado que paga 1€
4.Qué días cubre esta axuda?
Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.
Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.
Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)
5. Cómo se vai a pagar.
En dous pagamentos.
1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).
2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.
6.Quen son os beneficiarios?
Familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo, cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación, na relación de usuarios correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.
7.Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?
Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:
- Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365
- Dirección do centro: enviando un correo electrónico a ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.es cos seguintes datos:
1. DNI do pai ou da nai:
2. Pagamento:gratuidade total ou abono de 1€
Nome do neno/a:
3. Nome do pai/nai:
4. Número da conta bancaria:
8.Publicítase a resolución das familias beneficiadas?
NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.
9. Canto tempo tarda en resolverse a resolución?
10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
10. Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar opagamento?
5 días dende que salga a resolución.