SABOREANDO O MEL....... QUE CHUPA , QUE CHUPA, QUE CHUPA O MEL!!!!!
Os alumnos/as de Educación infantil do C.E.I.P.,Virxe de Covadonga de Ourense estivemos aprendendo moitas cousas sobre as abellas. Descubrimos como son, como traballan, como nacen e medran, onde viven, como se organizan e os produtos que elaboran co néctar e o polen. Fixemos moitos traballos sobre as abellas e decoramos as aulas e os corredores con moitas abellas.
Ademais recibimos a visita de Xosé, un apicultor da Serra do Xures, que nos mostrou como son as abellas e como fan a recoleccion da mel .
Trouxo colmeas a escola para que puidésemos ver como son, como son as celdillas e os panais, e explicounos como coidaban das abellas e como recollian os productos que elaboran estes pequenos animais: o mel, o propéleo,a jalea real,a cera coa que fan as velas dos aniversarios....
Puidemos ver as ferramentas que utilizan para o seu traballo: o traxe de apicultor,o fumeiro,as pinzas, a escobilla e practicamos con elas para sacar os paneis de mel da colmea.
Tróuxonos uns pequenos frasquiños de mel de agasallo
Despois probámolo mel, con tosta de queixo, con datiles, con frutas...!ESTABA RIQUISIMA!
¡CHUPAMONOS OS DEDOS!!!