Informamos que a partires do pasado luns, 22 de maio, xa é posible solicitar as axudas para adquirir material escolar, libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) e para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (de 3º a 6º de Educación Primaria), segundo publica a Xunta de Galicia (DOG 22/05/2017). O prazo remata o vindeiro 23 de xuño (venres).
Todos os interesados poderán acceder a esta información e aos documentos para presentar no centro, a través da páxina web da Consellería de Educación (www.edu.xunta.es), ou na Secretaría do propio centro, onde se facilitará toda a información necesaria.Lémbrase tamén que para solicitar calquera de estas tres cousas, soamente será necesario cubrir o Anexo I.
Os alumnos de 6º de Primaria que se acollan ao fondo solidario de libros de texto para 1º de ESO, levarán o Anexo I para cubrir, pero terán que tramitar a documentación no instituto no que se vaian a matricular.