Skip to Content

DÍA DO LIBRO

29/04/2020 09:12
Europe/Madrid

Bos días! Aquí vos deixamos a última entrega de videos por o Día do Libro. Grazas por participar a todos! Esperamos que vos guste!

 

 (PARA VER OS VIDEOS MELLOR PODEDES DESCARGALOS.

 

ENGADIMOS UN NOVO ARQUIVO CON CALIDADE MAIS BAIXA PARA AQUELES QUE NON DEADES ABERTO O PRIMEIRO. TEDE PACIENCIA, SON ARQUIVOS MOI PESADOS E TARDAN EN CARGAR)

DÍA DO LIBRO

26/04/2020 22:56
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos a segunda parte dos traballos que nos estades a enviar por o Día do Libro. Esperamos que vos guste!

 

(PARA VER OS VIDEOS MELLOR PODEDES DESCARGALOS.

 

ENGADIMOS UN NOVO ARQUIVO CON CALIDADE MAIS BAIXA PARA AQUELES QUE NON DEADES ABERTO O PRIMEIRO. TEDE PACIENCIA, SON ARQUIVOS MOI PESADOS E TARDAN EN CARGAR)

SODES UN@S CAMPIÓNS

Estimad@s alumn@s, sodes un@s campión@s e estamos moi orgullos@s do ben que o estades facendo.

Xa queda menos para que poidades salir, pero recordade que hai que seguir unhas medidas de seguridade moi importantes e necesarias neste momento.

Deixámosvos unhas recomendaciós e tamén un regaliño de parte da Policia Nacional, que tanto se preocupa por nós.

Facede click nas imaxes.

Ánimo!!!

Los niños podrán salir con juguetes a la calle, pero no entrar en ...

 

 

 

DÍA DO LIBRO

23/04/2020 17:03
Europe/Madrid

Encántanos ver o orixinais que sodes e as vosas recomendacións. Aquí tedes un adianto de todo o que estades a mandarnos. Podedes seguir enviando as vosas ideas. Esperamos que vos guste!

 

(PARA VER OS VIDEOS MELLOR PODEDES DESCARGALOS.

ENGADIMOS UN NOVO ARQUIVO CON CALIDADE MAIS BAIXA PARA AQUELES QUE NON DEADES ABERTO O PRIMEIRO. TEDE PACIENCIA, SON ARQUIVOS MOI PESADOS E TARDAN EN CARGAR)

DÍA DO LIBRO

 

Ola a todos e a todas!

Este xoves 23 de abril celébrase o día do libro. Por este motivo dende o equipo de biblioteca propoñémosvos unha idea.

Que vos parece se facemos dende a casa un vídeo lendo un libro? Así poderemos vernos uns a outros despois de tantos días de confinamento e pasar un bo rato.

Podedes ler o libro, disfrazarvos, poñer decorado, ou incluso para os máis atrevidos dramatizalo a modo de teatro, usar títeres, etc.   

Cando os teñades podedes envialo ao correo do cole e irémolo colgando na páxina web do mesmo.

ceixp.virxe.covadonga@edu.xunta.es

Estade atentos nos próximos días. Esperamos ansiosos para ver o ben que o facedes.

Unha aperta.

 

PRONTO ESTAREMOS XUNT@S

Pronto volveremos a estar xunt@s.

Esperamos que vos guste.

Pichade na imaxe.

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comezará a pagar este martes 14 de abril as axudas de carácter directo a través das cales aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración ás familias con menos recursos mentres estean suspendidas as clases presenciais.

 

3º AVALIACIÓN

Estimadas familias, hoxe debería comezar a terceira avaliación, os rapaces deberían volver as aulas pero a situación que estamos a vivir non o vai permitir de momento.

Queremos seguir transmitindo moito ánimo para tod@s e sobre todo queremos que saibades que vos motamos moito de menos e que estamos desexando volver e que vos volvades ao cole. 

De momento todavía non hai instruccións acerca de como se vai  desenvolver o curso, e queremos informarvos das ultimas idicacións recibidas onte pola tarde por parte da Consellería de Educación:

"Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan."

Pola nosa parte, informarvos que en canto teñamos instruccións claras de como proceder informarémosvos de inmediato.

Con respecto as tareas e a súa organización, @s titor@s, profesor@s e o equipo directivo seguiremos poñéndonos en contacto como ata agora con vos, e poderedes seguir transmitindo as vosas inquedanzas a través das canles que se utilizaron ata agora, páxina web do centro, correo electrónico, teléfono, abalar mobil.

O máis importante agora e continuar na casa e seguir facendoo tan ben como ata agora, xa queda menos e pronto volveremos a vernos.

Moito ánimo.

A dirección.

 
 

SEMANA SANTA

Estimadas familias, dende o CEIP VIRXE DE COVADONGA queremos volver a transmitir todo o noso apoio e todo o noso ánimo para estos días que nos toucou vivir.

Recordade que @s vos@s fill@s deben e teñen que descansar nestas vacacións de Semana Santa,durante este periodo non se van a enviar tareas nin recomendacións, xa que todos estaremos disfrutando dunhas merecidas vacacións.

En canto teñamos algunha notificación de como vai a proseguir o curso , informarémosvos de inmediato.

Podedes comunicarvos co centro a traves do correo electrónico, pero o telefóno terémolo desconectado durante toda a semana.

Moito ánimo e moita forza de parte de tod@s @s profes .

A dirección.

 

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias, lembrade que é moi importante que descarguedes a aplicación abalar móbil , para poder recibir notificacións e para poder recibir mañá día 3 de abril os boletíns de notas da segunda avaliación d@s vos@s fill@s.

Se pinchades na imaxe teredes unha guía para descargar a aplicación.

MOITO ÁNIMO!!

Distribuir contido


by Dr. Radut