Skip to Content

RECOMENDACIÓNS

Durante estes días poderedes consultar diferentes actividades e enlaces no apartado ACTIVIDADES PARA A CORENTENA, que tedes na parte superior dereita. Ademáis poderedes recibir información d@s mestr@s e o equipo directivo a traves de distintas canles, correo electrónico, abalar ou whatsapp.

Estamos a vosa disposición para calquera dúbida a través no noso correo electrónico ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.es.

A través da páxina web, informaremos das noticias relevantes que vaian xurdindo.

Deixamos aquí algunhas suxerencias.

ÁNIMO!

  • Iniciativa ARCO IRIS

É unha iniciativa popular, que xorde baixo o hastag #desdemiventana para facer máis levadeira a cuarentena. Estase a levar a cabo noutros países e tamén chegou ao noso. A idea é que os nenos/as, coa vosa axuda ou por si sos, realicen un arco da vella co lema TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras para que outros nenos/as o vexan e se sintan máis acompañados. AQUÍ  tendes un modelo, pero podedes crear o voso propio!

https://www.orientacionandujar.es/2020/03/14/el-arcoiris-todo-va-a-salir-bien-vamos-a-colorear/

CANDO SE RETOME A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL  TRAEDE O VOSO ARCO IRIS PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN.

 

  • Como falar sobre o coronavirus @s nen@s

Consellos para familias e profesorado sobre como afrontar o tema cos máis cativosos. Documento elaborado pola Unidad de Crisis de Barcelona: https://faros.hsjdbcn.org/es/articulo/como-hablar-sobre-coronavirus-ninos

 

 

 



page | by Dr. Radut