Estimadas familias, empezamos a segunda semana sen cole, queremos darvos todo o noso ánimo e dicirvos que o estades facendo moi ben. Sabemos que non é facil pero entre tod@s o conseguiremos.
Recordarvos que no apartado ACTIVIDADES PARA A CORENTENA, @s profes están colgando actividades, enlaces, xogos e recomendacións para estes días. Se non podedes imprimir nos vos preocupedes, copialas nunha libreta ou onde poidades.
Nenos e nenas, o máis importante é que non saiades da casa, que vos portedes ben, que fagades caso aos maiores e sobre todo que sexades felices. Pintade, xogade, bailade, podedes facer recetas, manualidades e axudar nas tarefas da casa.
O Ministerio de Educación, Radiotelevisión Española,TVG2 e BOING lanzan a partir de hoxe diferentes iniciativas para que poidades seguir repasando dende a casa.
MOITO ÁNIMO!!
- APRENDEMOS EN CASA (premendo na ligazón accederedes a toda a información)
De 09:00 a 14:00 emitirán contido educativo por nivéis.
- La2-MUÉVETE EN CASA
De 9:00 a 9:30, este espacio animará a tod@s a manternos en forma.
- TVG2
De 11:00 a 13 terá un bloque de programación de carácter educativo.
- BOING-REAL MUM
De luns a venres ás 13:25. Proposta educativa centrada na aprendizaxe do Inglés