A nosa Biblioteca
Recomendacións lectoras para o verán
Estas son as recomendacións para o verán que propoñemos dende o Equipo da Biblioteca. Bo verán!!
Horas de ler en familia
Durante este 3º trimestre retomamos unha das actividades que máis éxito ten no cole: horas de ler en familia. Na que nenos/as e algún membro da familia comparten un ratiño arredor da lectura e os contos. Este ano, dada a situción sanitaria na que nos atopamos, temos que adaptada, de xeito que se realiza de forma virtual. Xa houbo clases que puideron disfrutar dos primeiros vídeos que chegan dende as casas con todo o cariño. Deixámosvos algúns deles e animámosvos a participar! A cara de felicidade dos peques, merece a pena. Premede na ligazón: Contacontos familia
Grazas familias por facelo posible!
Actividades pola Semana do Libro
Dende a Dinamización de Biblioteca organizouse unha serie de actividades ao longo da Semana para celebrar o Día do Libro do 23 de abril. As actividades foron contarse contos mutuamente, creación de chapas, protagonistas das portadas dos contos favoritos dos nenos e nenas do noso centro.
Para que poidades ver o que fixemos e canto o desfrutamos, deixamos este vídeo.
Calendario de Advento de Contos
Este ano querémosvos agasallar cun conto para cada un dos días antes do Nadal. Todos eles cunha temática relacionada coa igualdade, diversidade, repecto e a tolerancia representados polo noso alumnado con todo o seu agarimo. Abride o cartel que corresponde ao día da semana e gozade do conto! Cada día estrearase un deles (non se poderán ver antes do día). Podedes deixar o voso comentario no blog despois de velos para que os creadores poidan velos.
Feliz Día do Libro
Aquí vai a nosa especial celebración deste día do libro nestes tempos tan especiais. Grazas a todas as familias por participar, sen vos non sería posible! FELIZ DÍA DO LIBRO!
A nosa biblioteca
A biblioteca do noso centro é o corazón da escola. De ela parten moitos dos proxectos anuais nos que está implicado o alumnado. Ademais de outras moitas actividades relacionadas coa animación á lectura: préstamo, contacontos, obradoiros de escritura, visitas de escritores, teatro, formación de usuarios, apadriñamentos lectores, talleres, ... As familias son convidadas todos os cursos a participar na actividade "horas de ler en familia", acompañando ao alumnado neste tempo de lectura.
A biblioteca está aberta durante a maña para o uso do alumnado xunto o seu titor/a; na hora do recreo; e polas tardes de 16:00 a 18:00h para o préstamo de libros.
Podedes consultar toda a información na bitácora Bibliomistos.