PROGRAMA DE INTERCAMBIOS ESCOLARES EDUEXCHANGES
O alumnado de 6º de Primaria está participando nun programa de intercambios escolares con nenos e nenas de Texas.
Esta semana tiveron unha actividade na que se coñeceron a través dunha videochamada.
DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O alumnado do noso centro celebrou o pasado día 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria leron un escrito do que era para eles a discapacidade e despois todos xuntos cantamos a canción Todos somos capitáns en lingua de signos.
Aquí tedes un pequeno vídeo do ben que o fixeron...
CONSELLOS SOBRE O USO DAS TECNOLOXÍAS
O mércores 1 de decembro contamos coa colaboración da Policía informando sobre o uso seguro de internet para as familias.
Deixáronnos unha serie de consellos de educación dixital, cuns enlaces que esperamos que sexan do voso interese.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA.
No DOG do 12/11/21 saíu publicada a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA.
BENEFICIARIOS:
- Alumnado de Educación Primaria.
- O alumnado que fose beneficiarios da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22 (o cheque de material de 50 euros). ESTAS FAMILIAS NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, CONCÉDESELLES DE OFICIO.
- Familias que non tiveron cheque de material escolar para este curso que cumpra algunha destas condicións:
- que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros (renda correspondente ao exercicio 2019).
- Alumnado matriculado en Educacíón Especial, ou suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teñen unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
- O prazo de presentación das solicitudes serán de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (é dicir, do 15 de novembro ata o 26 de novembro).
- As solicitudes presentaranse de maneira presencial no colexio PREVIA CITA (solicitarase por teléfono 881960653)
DOCUMENTACIÓN
- Impreso de solicitude
- Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
- Outra documentación acreditativa en caso de separación ou divorcio, discapacidade do alumnado, situación de violencia de xénero...
MÁIS ACTIVIDADES...
Comenzamos a semana cun contacontos para o noso alumnado de 1º de Primaria da man de María. Os nenos e as nenas pasárono moi ben, estaban encantados!! Aquí tedes a mostra...
Os nenos e as nenas de 3º de primaria puideron disfrutar dunhas actividades de igualdade no rocódromo do noso patio. Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que podades comprobar o ben que o fixeron e como o pasaron!!!
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL (titulares e suplentes): XOVES, 28 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »