arquivo

Votamos a seguinte lectura do noso club

Un dos seguintes libros que imos ler foi escollido polas nenas e nenos participantes no club de lectura. Ofrecéronselle resumos de 5 libros e eles decidiron. 


E o escollido foi... VOLVERÁS, GOLFIÑO, da escritora Andrea Maceiras.

Día Internacional do Libro Infantil de Xuvenil, PDI e Easter Egg Hunt.

Co gallo da conmemoración do Día Internacional do libro infantil e Xuvenil o pasado 2 de abril, as nenas e nenos de 5º e 6º traballamos a lectura e identificación de palabras clave en lingua estranxeira con descricións de portadas de libros sobre animais, así, descubrimos algúns dos títulos cos que contamos na biblioteca relacionados co noso  PDI “Cole animal”.
Aproveitando a celebración anglosaxona da Pascua que descubrimos, entre otras cousas, co libro “We’re going on an egg Hunt”, saimos á procura de ovos que tivesen a imaxe da portada do libro que se describía nas nosas tarxetas.

 

 

Formación en radio do alumnado de 4º de EP

    Este martes 18 e mércores 19 de abril os tres grupos de 4º de EP tiveron a formación en radio con Denís Losada de Radio Espora. Aquí vos deixamos unhas imaxes da charla con todos e todas e das sesións en pequeno grupo que se levaron a cabo. Aprenderon a usar a mesa de mesturas, os micros, o Audacity... e moitas outras competencias orais e escritas que son necesarias para facer unha boa locución.  Hai futuro radiofónico no cole! 

Se queredes ver máis fotos podedes consultar o blog de 4º picando AQUÍ. 

Lectura e familias en Educación Infantil

Graciela, a mamá de dous nenos do cole, preparou con esmero e agarimo uns contos para presentarlles aos nenos e nenas de toda a Educación Infantil. Moitísimas grazas polo teu esforzo e adicación! 

  

Xogos día do libro 2023

Queredes coñecer máis títulos de contos e xogar cos nosos dioramas? Probade os memoris! (Se vedes que son moi pequenos e preferides que se vexan máis grandes picade nos cadradiños que están debaixo para que se abran nunha nova xanela.) 

 

Dioramas - Infantil

 

Dioramas - Primeiro e segundo

 

Dioramas - Terceiro e cuarto

  

Dioramas - Quinto e sexto

Sesión 1. Tecedoras de versos. Comezamos!

Os recreos dos martes no recanto de lectura da entrada iniciamos unha nova aventura con 9 nenos e nenas de 4º de EP. Estamos aprendendo a usar o gancho e lendo poesía. Velaquí unhas imaxes do que foi esta primeira sesión. Grazas profe Teresa polo teu tempo!

 

 

Sesión 2. Tecedoras de versos. Practicamos...

Parece que o gancho non é tan fácil, deixámosvos unhas imaxes con esas caras de concentración tan especiais e tamén o próximo poema que imos ler, neste caso de Mar Benegas e as emocións. 

 

 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña