Neste Blog recolleremos o traballos relacionados co Plurilingüismo e levados a cabo nas sesións de "Art".
Neste Blog recolleremos o traballos relacionados co Plurilingüismo e levados a cabo nas sesións de "Art".
June 2024
Unha das tarefas finais do noso proxecto etwinning "Leo Lionni: between Art and stories" foi elaborar uns xogos de cartas inspirados nel e nos seus libros.
June 2024
Como parte do noso proxecto eTwinning, no que descubrimos a figura e obras do artista e escritor Leo Lionni acompañados polas nenas e nenos de 2 escolas de Portugal, montamos un pequeno mural no cole adicado á nosa experiencia para compartila con todo o colexio e como parte do PDI "Todas e todos temos unha historia que contar"
Nel recollemos parte do proceso, a localización da nosa escola e das escolas coas que colaboramos e un dos produtos finais elaborados, a illa de Sgal, unha illa entre España e Portugal na que habitan criaturas inspiradas nas personaxes do libro "Pezzettino".
May, 2024
As nenas e nenos de 2º EP, como parte do noso proxecto eTwinning con dúas escolas de Portugal, descubrimos a figura do artista e escritor Leo Lionni.Deixamos aquí un vídeo co libro que fixemos contando a súa historia.
April 2024
No mes de abril, o mes do liobro, levamos a cabo unha tarefa relacionada co día do libro e co noso proxecto eTwinning. Seguimos practicando a elaboración de carteis, desta vez para publicitar e felicitar o Día do libro ás nosas novas amigas e amigos dos coles de Lisboa.
Observamos obras relacionadas cos libros e a lectura feitas por ilustradoras e ilustradores e puxémonos mans á obra! Eaboramos este vídeo coas nosas propostas para este data tan especial.
April 2024
Ao descubrir a figura de Leo Lionni aprendemos que antes de ser escritor adicábase á publicidade. Empregaba os seus coñecementos e habilidades artísticas para facer carteis publicitarios para imoprtantes campañas e marcas.
Dende o Concello convocaron un concurso para elaborar un cartel publicitario para a festa do pan, así que, animámonos a participar e... o cartel de 2º A foi o escollido para anunciar a XX Festa do pan de Carral!
El texto del párrafo de Teacher Marta
April 2024
No mes de abril, o mes do libro, comezamos un proxecto moi especial. Un traballo conxunto con dúas escolas de Portugal: o Instituto Espanhol Giner de los Ríos e o Agrupamento de Escolas Gil Vicente, en Lisboa.
A través deste proxecto, coñecemos algunhas cousas do noso país veciño, Portugal e descubrimos a historia e historias do artista Leo Lionni. Todo isto enmarcado no noso PDI de centro "Todas e todos temos unha historia que contar".
EtWINNINGPROJECT-PART1 de Teacher Marta
En marzo descubrimos os carteis publicitarios e/ou reivindicativos. Aproveitamos o Día Internacional da muller como tema. Inspirámonos en diferentes historias.
womendayart'24 de Teacher Marta
February 2024
No mes xaneiro e febreiro exploramos o inverno e a lá como materaial que nos da calor.
Despois, as nenas e nenos fixeron uns autorretratos envoltos en xigantes bufandas e tamén deseñaron xerseis para diferentes animais.
SCARF SELFIES INSPIRED BY THE BOOK “EXTRA YARN” by Mac Barnett de Teacher Marta
January 2024
No mes de xaneiro descubrimos á artista Helena Almeida, de Portugal. Ela emprega o seu corpo, a fotografia e a cor para facer arte con mensaxes reivindicativos.
Inspirámonos nela e no libro "Peace, Love, Action!" e fixemos as nosas propias creacións mandando mensaxes de Paz e Amor co noso corpo, fotos e cores.
PEACE-LOVE-SHOOT de Teacher Marta
December 2023
Este ano o noso colexio cumpliu 50 anos. Entre todos compilamos os recordos de ex alumnos, persoal do centro, ... e representámolos nunha manta dos recordos inspirándonos na artista Louise Bourgeois que empregaba os seus recordos de infancia como tema na súa arte. Deseñámolos, transferímolos a tea co pape transfer e tecémolos nunha manta, a manta dos recordos.
Diseño de Teacher Marta
November 2023
No mes de novembro descubrimos a historia de Thanksgiving, unha conmemoración tradicional en EEUU. Descubrimos as dúas versións da historia, reflexionamos sobre o seu significado e a importancia de dar as grazas polo que temos. Cortamos tamén un pavo e fixemos representacións artísticas deste animal.
thanksgiving de Teacher Marta
November 2023
En Halloween deseñamos disfraces para Pete the cat e montamos un libro con eles.
pete the cat halloween de Teacher Marta
Podedes escoitarnos lendo a nosa historia viaxeira aquí:
2ºA:
2ºB:
October 2023
Despois de descubrir a historia de Louise Bourgeois, fixemos as nosas propias creacións inspirándonos nelas e nas arañas, coas que ela representaba á súa nai.
stories-spiders de Teacher Marta
October 2023
Coñecemos á artista francesa Louise Bourgeois e as súas creacións artísticas.
LOUISE BOURGEOIS de Teacher Marta
Last September we started our Art lessons with the story "The dot", by P.H.Reynolds, a story about the importance of always trying, doing your best and believing in yourself. Apart from discovering Vashti's story, we reviewed some Art concepts from last year: dots, lines, shapes, colours, colour mixing, abstract art, creativity...
O pasado setembro comezamos as nosas clases de Art co conto "The dot" ("O punto"), unha historia sobre a importancia de tentar facer as cousas, facer as cousas o mellor que poidamos e crer nunha mesma. Ademais de coñecer a historia de vashti, repasamos conceptos do curso pasado: puntos, liñas, cor, mestura de cores, abstracto, creatividade, ...
We created our DOTS and made a mural with them to celebrate "Dot day".
Creamos os nosos puntos e montamos un mural con eles para celebrar o Día do punto.