Skip to Content

Arquivo Inglés

HOORAY FOR FISH!

February 2023

 

As nenas e nenos de 1º visitamos a Casa dos peixes en Coruña e voltamos moi emocionados falando das diferentes especies mariñas que alí vimos. Aproveitamos entón para ir pouco a pouco incorporando o tema do PDI do cole nas nosas clases de Art, xa que este ano somos un "Cole Animal". Apoiamos o noso traballo tamén en algunhas lecturas que nos serviron de inspiración.

 

Empregando diferentes técnicas e materiais: debuxo, coloreado con ceras brandas, témperas, pinceis, tesoiras, collage... fomos pouco a pouco e en equipo, creando os nosos fondos mariños.

 

hoorayforfishoceans de Teacher Marta

SALVADOR DALÍ INSPIRED LONG-LEGGED BIRDS

March 2023

 

Coa chegada da primavera descubrimos un novo artista, SALVADOR DALÍ, e un novo estilo, O SURREALISMO.

 

Combinamos a súa obra "Elefantes" cun animal de primavera, os paxaros. Repasamos as cores cálidas e frías e ... A TRABALLAR!

 

springdalibirds de Teacher Marta

PAUL KLEE CATS

April 2023

 

Seguimos a investigar obras de arte nas que aparecen animais. Descubrimos unha obra do artista Paul Klee a través desta historia

The Cat and the Bird: A Children's book inspired by Paul Klee (Children's  Books Inspired by Famous Artworks) : Elschner, Geraldine, Nille, Peggy:  Amazon.es: Libros

E a partir daí traballamos coa súa obra "The cat and the bird", falamos das cores que emprega, a simetría neste cadro, que querería representar co paxaro, emocións que nos transmite a obra... e, por suposto, fixemos as nosas propias versións!

PAUL KLEE CATS de Teacher Marta

DOGS IN ART

May 2023

 

Continuamos descubrindo artistas e obras nas que se representan animais. As nenas e nenos de 1º están a preparar unha colaboración cunha protectora da zona, coa que imos aprender sobre cómo traballan e ver cómo podemos axudar e contribuír á súa labor. Descubrimos varios libros que teñen "dogs" como protagonistas, entre eles "Doggies", de Sandra Boynton.

Doggies (Boynton on Board) : Boynton, Sandra, Boynton ...

Nel descubrimos diferentes formas de representar estos animais e decidimos investigar se había cadros nos que se representaran "dogs". Traballamos a partir desta presentación:

DOGS ART de Teacher Marta

GEORGE RODRIGUE BLUE DOGS

May 2023

Descubrimos ao artista George Rodrigue e a súa serie "Blue Dogs", na que representa un can azul en diferentes escenarios.

Observamos o seu traballo e fixemos as nosas propias creacions inspirándonos nel.

 

GEORGE RODRIGUE BLUE DOGS de Teacher Marta

PICASSO DOGS

May 2023

 

Volvemos falar de Picasso e descubrimos máis cousas da súa arte e vida .

Pablo Picasso by Maria Isabel Sanchez Vegara | Quarto At A Glance | The  Quarto Group  Picasso for children (Aprender y descubrir) : García, Marina, García,  Marina: Amazon.es: Libros  

Descubrimos que en varias das súas obras aparecen animais, coñecemos os seus "dogs" feitos cunha liña sen levantar o rotulador do papel e falamos do cubismo.

picasso de Teacher Marta



by Dr. Radut