Skip to Content

Secretaría

Actualización de datas e horarios no período de adaptación

Actualización dos horarios do período de adaptación para responder ás necesidades do "Plan de adaptación ao contexto COVID" (pinchar aquí)

 

Plan de adaptación ao contexto COVID

A vindeira semana procederemos á comunicación do "Plan de adaptación ao contexto COVID" mediante a publicación do mesmo nesta páxina web e a través de reunións presenciais no colexio.

Para asistir a estas reunións cómpre:

  • Só poderá asistir un membro da familia, polo que non se poderá vir con alumnado. 
  • Débense respectar as quendas horarias. Cada familia ten que asistir no seu horario.
  • O lugar de reunión é o ximnasio, polo que para acceder a el farase pola porta da mesma planta.
  • Débense seguir as normas de hixiene e protección básicas: uso de máscara durante todo o tempo que se estea no recinto educativo e a hixiene de mans ao entrar e saír do ximnasio.
  • Rógase puntualidade.

Quendas horarias:

Horario

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes definitivas

Publicación no taboleiro das listaxes definitivas das axudas de libros, axudas de material e fondolibros.

Dende hoxe e ata o vindeiro venres 24 de xullo poderánse vir recoller os vales e os libros de texto. Lembrade:

      - horario de atención: 10:00 a 14:00

      - é IMPRESCIDIBLE cita previa

      - os vales e libros teñen que ser recollidos pola persoa solicitante da axuda

Calendario

Pódense recoller os vales e os libros de texto no mes de setembro.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes provisionais

Publicación das listaxes provisionais das axudas de libros, axudas de material e fondolibros:

     > Listaxe provisional de axudas para a adquisición de libros (1º EP e 2º EP) e axudas para adquisición de material escolar (de1º EP a 6º EP)

     > Listaxe provisional de fondolibros (inclúe alumnado de 3º EP a 6º EP)

                                  Calendario fondolibros

Libros de texto 2020/2021

Publicación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020/2021:

*1º de Educación Primaria: NON USARÁ LIBROS DE TEXTO

*2º de Educación Primaria (premer aquí)

*3º de Educación Primaria (premer aquí)

*4º de Educación Primaria (premer aquí)

*5º de Educación Primaria (premer aquí)

*6º de Educación Primaria (premer aquí)

 

Resumo dos libros empregados por cursos (premer aquí)

Período de adaptación

Período de adaptación para o alumnado que entra no colexio o vindeiro ano académico 2020-2021 no curso 4º de Educación Infantil (3 anos).

Este horario estará condicionado por calquera instrución publicada pola Xunta de Galicia.

Horario (prema aquí)

Formalización da matrícula

O prazo para a formalización da matrícula é do 1 ao 10 de xullo e é obrigatorio este proceso para o alumnado de nova incorporación ao centro educativo.

Documentación a entregar:

  • Anexo III (prema aquí)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas ou informe médico que indique que están ao día
  • Fotocopia dos documentos de identidade das persoas proxenitoras e do alumnado, no caso de que o teña
  • Se é o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador da custodia da ou do menor

Xunto cos documentos fotocopiados deben vir os orixinais para que poidan ser cotexados.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros

Dende hoxe e ata o 19 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros. Preferiblemente realizarase o trámite de xeito telemático; no caso de presentar a solicitude no colexio é IMPRESCINDIBLE solicitar CITA PREVIA no teléfono 886 11 02 71.

No caso do alumnado de 6º de EP que vaia presentar a solicitude de xeito presencial, deberá facelo no instituto no que foron admitidos.

 

Enlace para realizar a xestión telematicamente: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Resumo da Orde do 12 de maio que regula o  proceso (premer aquí)

Orde do 12 de maio que regular o proceso (premer aquí)

No caso da presentación no colexio, é necesario cubrir o "Anexo I e II" (premer aquí)

Anexo I e II: modelo cuberto a modo de exemplo (premer aquí)

Adaptación das Programacións Didácticas 2019-2020

A partir da información presente nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, expóñense a continuación as adaptacións das programacións didácticas do presente curso escolar para seren desenvolvidas no terceiro trimestre.

 

Adaptación E. Infantil (preme aquí)

Adaptación 1º EP (preme aquí)

Adaptación 2º EP (preme aquí)

Adaptación 3º EP (preme aquí)

Adaptación 4º EP (preme aquí)

Adaptación 5º EP (preme aquí)

Adaptación 6º EP (preme aquí)

Distribuir contido


by Dr. Radut