Formalización da matrícula
O prazo para a formalización da matrícula é do 1 ao 10 de xullo e é obrigatorio este proceso para o alumnado de nova incorporación ao centro educativo.
Documentación a entregar:
- Anexo III (prema aquí)
- 2 fotografías tamaño carné
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do libro de vacinas ou informe médico que indique que están ao día
- Fotocopia dos documentos de identidade das persoas proxenitoras e do alumnado, no caso de que o teña
- Se é o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador da custodia da ou do menor
Xunto cos documentos fotocopiados deben vir os orixinais para que poidan ser cotexados.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo III.pdf | 427.8 KB |