Skip to Content

Páxina en remodelación

Estamos adaptando o contido e o deseño da páxina web, polo que estará experimentando algún cambios. Grazas pola súa comprensión.

Información sobre o período sobre de adaptación para o curso 2024-2025

Poden acceder á información utilizada pola titora na reunión de xuño, a presentación que uson na mesma e información sobre o período de adaptación.

Presentación

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes definitivas

Pódense consultar as listaxes definitivas de axudas de libros, axudas de material e fondolibros no centro educativo.

A recollida das axudas e dos libros correspondentes poderá realizarse ata o 10 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 sen cita previa ou no mes de setembro, con cita previa. Esta recollida debe ser efectuada pola persoa que cubriu a solicitude.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes provisionais

Pódense consultar as listaxes provisionais de axudas de libros, axudas de material e fondolibros no centro educativo.

Libros de texto 2024-25

Relación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2024-2025 (premer aquí).

Formalización da matrícula para o curso 2024-2025

O prazo para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño e é obrigatorio este proceso para o alumnado de nova incorporación ao centro educativo.

Documentación a entregar:

  • Anexo (ver documentos adxuntos)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia dos documentos de identidade das persoas proxenitoras e do alumnado, no caso de que o teña.
  • Se é o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio onde se regule e/ou convenio regulador da custodia da ou do menor.
  • No caso de que solicite comedor, cumprimentar a solicitud e o Anexo II de Autodeclaración (ver documentos adxuntos)
  • No caso de que solicite transporte, cumprimentar a solicitude (ver documentos adxuntos)

Xunto cos documentos fotocopiados, deben vir os orixinais para ser cotexados.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros

Dende o 21 de maio e ata o 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros para o alumnado que o vindeiro curso escolar curse Educación Primaria e Secundaria. Preferiblemente realizarase o trámite de xeito telemático na sede electrónica da Xunta; no caso de presentar a solicitude no colexio é preciso solicitar cita previa no teléfono 886 11 02 71.

No caso do alumnado de 6º de EP que vaia presentar a solicitude de xeito presencial, deberá facelo no instituto no que foi admitido.

Enlace para realizar a xestión telematicamente: https://sede.xunta.gal, procedemento "ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar".

Orde do 7 de maio que regula o proceso (premer aquí)

Resumo da Orde do 7 de maio que regula o  proceso (premer aquí)

Anexos I e II (premer aquí)

Prazos:

Proceso de admisión de alumnado para o curso escolar 2024-2025

Dende o venres 1 de marzo e ata o día 20 do mesmo mes está aberto o prazo para a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso académico. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Para máis información, premer aquí.

 

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado que comeza a súa escolarización.

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos de educación secundaria nun centro diferente ao adscrito.

- Alumnado que solicite cambio de colexio.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 1 de marzo ao 20 de marzo
  • Portas abertas. Se desexades vir coñecer o colexio, podedes facelo solicitando cita no 886 11 02 71
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (premer aquí), solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) ou pedila na secretaría do centro. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

 

  • Vacanates:

  • Prazos a ter en conta:

Xornada de portas abertas 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut