Dende hoxe e ata o vindeiro 8 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.
- Alumnado ao que afecta este prazo:
- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos no curso 2021-2022 no IES A Paralaia.
- Alumnado de 6º de EI da EEI O Con que continúe os seus estudos de educación primaria no noso centro educativo.
* O alumnado de 6º de EP que vaia continuar os seus estudos o vindeiro curso escolar noutro centro que non sexa o IES A Paralaia, debe esperar á apertura doutro prazo.
- Prazo de presentación das solicitudes: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
- Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.
- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.
- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (premer aquí) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".