Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Club de lecctura

ENCONTRO CON BERTA DÁVILA DOS CLUBS DE LECTURA DE SOLANAS: 6ºP E SALITRE

Berta Dávila é a escritora galega de dous libros lídos polos nosos clubs de lectura, neste curso.

O alumnado de 6º de primaria leeu "Demetrio demoscopio perdeu a chispa" mentres que o club para adultos Salitre "Os seres queridos" e "A ferida imaxinaria".

Preme nas imaxes para ver a visita.

Ademais tamen visitou Radio Treboada para unha entrevista coas nenas de 6º primaria.

Preme na seguinte URL para escoitar o programahttps://go.ivoox.com/rf/129697394

TERTULIA LITERARIA CON FINA CASALDERREY: Club de lectura Salitre

O noso Club de Lectura Salitre para adultos asistíu ao encontro de Clubs de Lectura do Baixo Miño para un encontro literario coa autora Fina Casalderrey.

CLUBS DE LECTURA de BiblioSolanas no mes de Abril

O mes de abril é o mes adicado aos libros dende BiblioSolanas.

Os nosos clubs de lectura de adultos e de alumnado tiveron diferentes actuacións.

O Club de Lectura de 6º de primaria "Alohomora" comparte xantar, risas, lectura e traballo!

"El retrato de Carlota" de Ana ALcolea.

CLUB DE LECTURA 6ºA CLUB DE LECTURA 6ºB
 

O club de lectura de adultos "Salitre" tivo unha merenda para falar sobre o libro "El viñedo de la luna".

 

PREME NAS IMAXES PARA VER O VÍDEO.

CLUB DE LECTURA SALITRE

O Club de Lectura SALITRE é un club de nais e pais coordinado pola profe Bel que reúnense para comentar diferentes libros que leen ao longo do curso.

Este ano xa tiveron a súa primeira reunión onde comentaron o último libro de Alicia Portabales. Este Club non deixa de ler... nin en verán!

Este ano BiblioSolanas agasallou ás/aos participantes cunha bolsa de tea co seu logo.

Estades todas e todos convidados a participar.

 

CLUB LECTURA 6º PRIMARIA: "Plan de rescate" Antía Yáñez

Os Clubs de Lectura de 6º de Primaria leerón no primeiro trimestre o libro "Plan de rescate" de Antía Yáñez que fomenta valores de amizade, compañerismo, traballo en equipo e amor.

 Como remate de libro, todos/as xuntos/as, fixeron a seguinte actividade:

 

LEDICIA COSTA NOS CLUB DE LECTURA ALHOMORA (6º primaria) E SALITRE (adultos)

Ledicia Costas é unha escritora galega con obras de xénero infanto-xuvenil. Obtivo importantes recoñecementos a novel autonómico e nacional.

O mércores 25 de maio tivo un encontro co Club de lectura Alohomora do alumnado de 6º primaria para falar do seu último libro "O neno de lume".

A continuación, nun xantar, estivo co Club Salitre  coa súa obra para adultos "Golpes de luz".

Foi un pracer compartir estas charlas con ela.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut