Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

UNHA NOVA INQUILINA NA CHARCA DE SOLANAS

A nosa charca ten unha nova inquilina.

Benvida!

 

VISITA A BIBLIOSOLANAS DA XEFA DE VESTIARIO DA PELÍCULA RONDALLAS

Eva Camino, xefa de vestiario da película Rondallas visitou BiblioSolanas e mantivo un encontro moi interesante co alumnado de 4º, 5º e 6º de educacion primaria.

 

Ademáis os nenos e nenas de 5º de primaria fixoronlle unha entrevista en RadioTreboada.

 

Preme na seguinte ligazón para escoitar a

entrevista a Eva Camino: PARTE 1.

Preme na seguinte ligazón para escoitar a

entrevista a Eva Camino: PARTE 2.

 

VISITA DOS PROTAGONISTAS DA PELÍCULA RONDALLAS

Nos meses de setembro e outubro tivemos na nosa vila a rodaxe da película "Rondallas" do director de cine Daniel Sánchez Arévalo.

BiblioSolanas contou coa visita de tres dos seus protagonistas; Judith Fernández, Fer Fraga e a pequena Lola, que estiveron conversando cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria.

 
  

Ademáis o alumnado de 6º de primaria fíxolles unha entrevista en radio Treboada.

     
   
     
   Preme na seguinte ligazon para escoitar a entrevista.  

GRANXA ESCOLA "CORAZÓN DE CARBALLO"

O alumnado de 5º e 6º de educación infantil e o de 1º e 2º de educación primaria visitan a granxa escola Corazón de Carballo en Tomiño, dentro do programa Vive o Rural co que a Deputación de Pontevedra busca ofrecerlles aos escolares a oportunidade de realizar visitas de educación ambiental ás granxas escola da provincia.

VISITA DO ALUMNADO A RODAXE DA PELÍCULA RONDALLAS

O alumnado de 3º a 6º de educación primaria visita a rodaxe da película Rondallas no Club de Remo Robaleira.

 

 

MAQUETAS CÉLULAS DE 6º DE PRIMARIA

As células son a unidade máis pequena que atopamos nos seres vivos. Poden ser eucariotas ou procariotas. 

O alumnado de sexto de educación primaria, dentro da materia de ciencias da natureza, fixo una maqueta con células animais e vexetais. Tiñan que facer a súa replica cos materias que quixeran, por as partes e facer unha exposición do seu traballo.

Preme na imaxe para ver os traballos:

FORMULARIOS DE INSCRICIÓN DO ANPA OS MUIÑOS

Xa están dispoñibles os formularios de inscrición para facerse socio da ANPA e facer uso dos servizos de comedor ou Plan Madruga. 
A cuota de socio anual é de 20€ por familia e ano.  Esta cuota poderase pagar presencialmente na porta de primaria dende o 19 ata o 25 de setembro ás 9h. e os martes 24 de setembro e 1 de outubro entre as 16h. e as 16.30h.  Ou ben por transferencia bancaria (sen límite de data), achegando o formulario de inscrición e enviando escaneado ao mail: anpasolanas@hotmail.
 
Os socios poden facer uso dos servizos e actividades que pon en marcha o ANPA, como o Plan Madruga, Comedor. Así como beneficiarse das actividades que organiza o ANPA durante o ano: Gladiator Family, Festa de Fin de curso, Campamento de Xuño, etc...
 
Lembramos que ata o 25 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nas actividades extraescolares, sendo actualmente MULTIDEPORTE, para nenas/os de INFANTIL a que ten un maior número de inscricións. 
CONSENTIMIENTO COMEDOR ESCOLAR CONSENTIMIENTO PLAN MADRUGA  INSCRICIÓN SOCIOS 24-25

Inauguración de Bibliosolanas 2024-2025

EDUCACIÓN PRIMARIA EDUCACIÓN INFANTIL
 

PREME NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS.

VOLTA DOS NOSOS PEIXES A CHARCA DESPOIS DAS SÚAS VACACIÓNS NA CASA DO PROFE JORGE

 

 

O profe Jorge estivo coidando os nosos peixes durante as vacacións de verán. Hoxe o alumnado de 1º de primaria axudoulle a que volvesen a súa charca.

Preme no seguinte enlace para ver como o fixeron: VÍDEO.

VAI DE CINE! ENTRADA E SELFIES DO PRIMEIRO DÍA

Este ano o PDI de BiblioSolanas é "Vai de cine".

Durante este ano traballaremos sobre a arte de crear e proxectar películas "o sétimo arte".

 Cada clase elixe unha película para o seu selfie do primeiro día.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut