Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

ANDAINA DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO DE INFANTIL COS DO CEIP PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ

O noso alumnado de educación infantil tivo unha andaina de convivencia co alumnado do Pintor Antonio Fernández de Goián.

Camiñaron dende o seu colexio ata O Baldío da Moura.

 

QUE LLE PIDES AO TEU CONCELLO?: 2º primaria

Proposta do Concello de A Guarda impartido por Papelier.

 Preme nas imaxes para ver o seu traballo.

CARTEO E VIDEOCHAMADA DA CLASE DE 3º PRIMARIA CUN COLEXIO DE VIGO

O alumnado de 3º de primaria fixo carteo durante o curso co alumnado de 4º de primaria do CEIP Párroco do Camilo. 

Neste mes de xuño por fin puxeronse cara nunha videochamada.

 

OBRADOIROS DA CLASE DE 6º A de primaria

Nesta semana de xuño o alumnado de 6º A de primaria tivo dous obradoiros:

  • En BiblioSolanas un obradoiro de creativa con Hama Mini.
  • Na clase de ciencias a visita de Marcos, pai de Iker Franco, onde nos explicou como dar conexión eléctrica a un semáforo, programación dun coche segue líneas e programación en 3D. Moitas grazas pola visita.
OBRADOIRO HAMA MINI OBRADOIRO ELECTRÓNICA E 3D

MAQUETAS EDIFICIOS DA ANTIGUIDADE: 4º Primaria

O alumnado de 4º de primaria fixo unhas maquetas sobre edificios da Idade Antiga. 

Preme no vídeo para ver os seus traballos.

ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA DE FIN DE CURSO 2024 DO ANPA OS MUIÑOS

APRAZADA a Asamblea de socios do venres 14 de Xuño.
 
CONVOCATORIA para o Martes 18 ás 17.00h. 
 
Na mesma daremos conta das actividades realizadas durante o curso, as subvencions concedidas e solicitadas e a previsión de actividades para o vindeiro curso
 
Agradecemos a vosa asistencia.
 
Consulta aquí a orde do Dia:

FESTA FIN DE CURSO 2023-2024 DO ANPA OS MUIÑOS

O día 22 de xuño, a ANPA Os Muiños realizará a súa Festa de Fin de Curso, que terá inchables en horario de mañá e tarde, tatoos e zona de debuxo e xogos.

Convidan ás familias a comer todos xuntos de picnic no patio do colexio.

Pola tarde para finalizar a festa realizaran un sorteo de vales para compra no comercio guardés e Gran Festa da Espuma!.

 

NANI MATOS PRESENTA A SÚA CURTA EN BIBLIOSOLANAS

O director de cine Nani Matos e Sabela Rodríguez, alumna de 6º de primaria e actriz da curta, presentan en BiblioSolanas: "ANTES DE QUE SE POÑA O SOL".

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria e o profesorado agradecemos a súa visita.

Preme nas imaxes para ver o vídeo da súa visita.

         

Ademáis Radio Treboada fixolle unha entrevista.

 Neste programa as nenas de 6º entrevistan ao guardés Nani Matos, director e actor da curta “Antes de que se poña o sol” na que debutou Sabela de 6º A.

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/130022762

EXCURSION FIN DE CURSO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado e titoras de 6º de primaria fixeron unha excursión a Granxa Escola Bergando en Negreira (A Coruña) e remataron durmindo no colexio e cunha saída a praia de Area Grande. Foron 72 horas moi intensas.

GRANXA ESCOLA GERGANDO
PERNOCTA NO COLEXIO E SAÍDA A PRAIA

CONCURSO DE CARTEIS PEIXE ESPADA DA ASOCIACIÓN ORPAGU

Concurso organizado por ORPAGU polo cartel da Festa do Peixe Espada 2024.

1º PRIMARIA 2º PRIMARIA
 
3º PRIMARIA 5º PRIMARIA
 
Distribuir contido


by Dr. Radut