→Fondo solidario de libros de texto(3ºe 4º EP): o pode solicitar todo o alumnado destes cursos; os libros dispoñibles repártense entre os admitidos por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: 6 libros (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou 4 libros (renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).
→Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de EP); vale por 240€ (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou vale por 160€ (renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).
→Axudas para adquirir material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP); vale por 75€ (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou vale por 60€(renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).
→Os cursos 5º e 6º EP son Edixgal →todo o alumnado terá libros do fondo do colexio.
O procedemento de presentación da solicitude pode ser:
-
Presencial: Presentación da solicitude no centro cuberta de xeito manual. No colexio temos os impresos para a solicitude, que unha vez cubertos deben presentarse na secretaría do centro.
-
Por vía electrónica: Acceso dos cidadáns á aplicación Fondolibros para elaborar a solicitude (https://edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica de Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Documentos que hai que presentar:
-
Solicitude cumprimentada (única para todos os fillos/as)
-
Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
-
En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
-
No caso de violencia de xénero: documentación xustificativa.
Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2022.
O prazo de presentación da solicitude, xunto con toda a documentación, é do 21 de maio de 2024 ata o 21 de xuño de 2024.
Calquera outra dúbida poden consultala na secretaría do colexio (teléfono 886110075) ou no portal educativo da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.gal/portal/