Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

AGASALLO DE BOTELLAS REUTILIZABLES DENDE O PROGRAMA CP EDUsostenibilidade

O centro participa no programa CONTRATOS PROGRAMA INNOVA que promove a innovación na adquisición das competencias clave, o afondamento nas aprendizaxes no ámbito de coñecemento segundo os intereses do alumnado, o aproveitamento do talento potencial da mocidade, o fomento dos hábitos de vida saudable, a educación ambiental e a mellora da xestión educativa.

Dentro do programa solicitamos a actuación EDUSostenibilidade comprometido cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

 Preme no enlace para ver o vídeo.

PRÉSTAMO DE LIBROS PARA O VERÁN EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas invita ao alumnado que queira a facer un préstamo de verán.

Preme nas imáxes para ver o vídeo.

RADIO TREBOADA: Programa 11 – Despedida cun lío de xogos

As nenas e nenos de 1º de primaria despiden Radiotreboada

 recomendándonos xogos para o verán aproveitando que en BiblioSolanas

tivemos como PDI “Un lío de xogos”.


 

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/130652792
 

Moitas Gracias!!

FESTA MIUDIÑA 2024

O Concello de  Guarda convidou a todos os centros educativos de Infantil e Primaria da vila a Festa Miudiña.

No Castelo de Santa Cruz houbo inchables e obradoiros para todos e todas.

Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
 

RADIO TREBOADA: Programa 10 - Luísa Villalta e o Día do Medio Ambiente

As nenas e nenos de 2º de Primaria recitan un poema da escritora galega Luisa Villalta e crean uns versos adicados ao océano coincidindo co día do Medio Ambiente.


 

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/130585563

 

VISITA IES A SANGRIÑA polo alumnado de 6º de primaria

O alumnado de 6º de primaria foi coñecer o IES A Sangriña que será o centro da maioría deles o vindeiro curso.

OBRADOIRO CON MATERIAIS DE REFUGALLO: 2º primaria

o alumnado de 2º de primaria crea obxectos curiosos con materiais de refugallo.

Preme para ver o vídeo.

OBRADOIRO CON PERIÓDICOS: 2º primaria

O alumnado de 2º de primaria fai un obradoiro con periódicos; busca a mellor noticia do día.

RADIO TREBOADA: PROGRAMA 9 - AMIGOS ESPECIAIS: APRENDEMOS SOBRE O AUTISMO.

Este é un programa especial no que os alumnos e alumnas de 3º fálannos das características, curiosidades e mitos sobre o autismo.
 

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/130308796

   

VISITA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL A EDUCACIÓN INFANTIL

A Escola Infantil Municipal de A Guarda nos visita.

Distribuir contido


by Dr. Radut