Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

PROGRAMA DE PREVENCIÓN

 

Dende o Departamento de Orientación cremos na importancia da prevención no ámbito educativo, por este motivo, a mestra de Audición e Linguaxe realizará, este curso, un Programa de Estimulación e Prevención de Alteracións da Linguaxe Oral e Escrita. Este Programa levarase a cabo en colaboración cos titores/as e a xustificación da súa realización está na necesidade de previr, por unha parte, as alteracións de fala e da linguaxe do alumnado de Educación Infantil, e por outra, na necesidade de guiar os estudiantes de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria para ser mais efectivos na composición escrita.

Dentro de este Proxecto ubícanse dous Programas:

- Programa de Estimulación e Prevención de Alteracións da Linguaxe e da Fala para EI. Con el preténdese previr alteracións lingüísticas e estimular o desenvolvemento comunicativo na poboación escolar. Este Programa foi enmarcado dentro da Área de Lingua para favorecer así o uso do galego entre o alumnado desta etapa e a implantación do mesmo supón a concepción da linguaxe como comunicación, sendo a aula un lugar idóneo para crear ambientes de comunicación e de xogo como estratexia de intervención e elemento motivador.

Os obxectivos principais deste Programa son:

* Prevención de posibles alteracións lingüísticas.

* Estimulación do desarrollo comunicativo na poboación escolar.

* Avaliación da eficacia da prevención.

 

Ver video

- Programa de Prevención de Alteracións da Linguaxe Escrita para o 2º e 3º ciclo de EP. Este ubícase dentro da Área de Lengua por dous motivos; en primeiro lugar porque o programa que se vai utilizar para levalo a cabo está en lingua castelá; e, en segundo lugar, porque debido ó baixo uso do galego entre o alumnado do centro, a redación nesta lingua fáiselles moito mais dificultosa. Como mestra de AL, son consciente da necesidade de realizar este tipo de actividades para o que se utiliza o programa "PODER escribir" de Rosa Mary González Seijas, destinado ó entrenamento dos procesos cognitivos da escritura.

Os obxectivos do mesmo son:

* Activar estratexias para facer mais explícitos os procesos cognitivos que se aplican na escritura.

* Apoiar ditas estratexias para planificar, textualizar e revisar segundo o tipo de texto que se quera escribir.

* Axudar o profesorado titor na ensinanza dos procesos de escritura.

* Afianzar a composición escrita en tódolos seus niveis.

* Fomentar o interese pola escritura e pola lectura, como medio de comunicación e aprendizaxe.

 


 



page | by Dr. Radut