Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

MÚSICA: RITMO E COORDINACIÓN

Bos días familias!!

Xa sabedes da reorganización do horario para non saturar con tanta actividade.

Eu darei danza e música os mércores e arte os xoves. A psicomotricidade , enviarala sólo o profe Tomás os venres.

Hoxe  toca música. Temos una actividade de ritmo. 

A importancia do ritmo. ... O ritmo acompaña a vida. Hai estudos que amosan a relación entre música, habilidades rítmicas e linguaxe. O ritmo tamén é básico para unha boa aprendizaxe da lectura e a escritura.

Polo tanto mirade o importante que é practicalo!!

Entón, imos alá!!

Fixen 2 videos :

1º-Percusión corporal. Si queredes pasalo ben toda a familia tendes q sentarvos nunha silla e ir rotando, como fago eu.

 

2º-Seguir o ritmo con 2 culleres e un bote de pementa ou sal...que fará de maraca.

Intentaino, canto mais ensaiedes, millor sairá!

 

Un besiño grande!!

Espero que o pasedes ben.

Forza!!



page | by Dr. Radut