Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

FACENDO PAN

 

Ola familia !!

Sei que está sendo difícil non saír á rúa, pero xa me dixeron que sodes moi valentes!!!

Que o estades facendo moi ben!!

Así me gusta !!

Para hoxe ou cando teñades os ingredientes propóñovos facer PAN.

 

Facer pan  non se trata só de preparar unha receita. É unha experiencia na que nos divertimos e os mais cativos aprenden mentres cociñan. Cocer o pan é unha experiencia sensorial. Os peques tocan, amasan, estiran, forman e relaxan. Ademais, ensina como ser autosuficiente e que non hai que mercalo todo no supermercado. Para os irmáns maiores, pode converterse nun experimento no que descubrir a fermentación das levaduras (unha actividade que  sempre fan con Iris, en Ciencias).

 

Hai moitas receitas, eu vos presento ésta, é a que fago con eles no cole porque é moi sinxela..

 

 

Ingredientes

* 300 gramos de fariña de forza

* 175 ml de auga morna

 un dado de levadura de panadeiro

* 20 ml de aceite de oliva

* Unha cucharadita de sal

* Aceite de oliva

* Un recipiente de vidro con tapa

Preparación

 

 

Nun bol mestura a fariña, a levadura, o aceite, o sal e a auga. É moi importante que a auga non estea moi quente para evitar danar a levadura (Lembre que é un ser vivo). Amasar ata obter unha masa lisa e homoxénea.

Traslada a masa a unha mesa espolvoreada con fariña e acaba de amasar ata que a masa non se pegue ás mans.

Facer unha bola e colocala no recipiente de vidro previamente engrasado con aceite de oliva. Faga un par de cortes na superficie da masa e pincelar  co aceite de oliva. Espolvorear un pouco de fariña por riba.

Poña a masa no forno, sen precalentar, a 200º, con calor de arriba e de abaixo. Déixeo uns 40 minutos.

Retírao coidadosamente do forno e colóquelo nun estante para que arrefríe.

Para variar, podes probar diferentes tipos de fariña ou engadir sementes e cereais. As posibilidades son tantas como queira a vosa  imaxinación.

Feito, viches o fácil que é ter un delicioso pan feito coas túas propias mans? 

Espero que disfrutedes toda a familia!!

Unha aperta moi, moi grande!!

Falta un día menos para abrazarnos!!

Forza!!

Lucía



page | by Dr. Radut