NOVO NÚMERO DE TELÉFONO
886110075
Eventos
O pasado martes 8 de xuño demos a benvida ás novas familias do alumnado que comezará o curso que vén en 4º de infantil.
A continuación tedes a información da que falamos.
Ademais, comentamos que o prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Outra información de interese foi que se algunha familia merca xa en verán os mandilóns, estes deberán ser con botóns grandes para facilitar a aprendizaxe dos mais cativos.
Comezamos educación infantil de María Masana
O pasado martes 8 de xuño levouse a cabo unha reunión virtual coas familias do alumnado de 6º de infantil que vai a pasar á etapa de primaria.
A continuación tedes a presentación con toda a información da que falamos.
O pasado mates 8 de xuño tivo lugar unha reunión virtual coas familias de 6º de primaria onde tratamos o cambio de etapa de PRIMARIA a SECUNDARIA.
A continuación tedes a presentación que nos axudou a falar sobre todos os cambios que se darán e algunhas pautas para as familias que vos axudarán a afrontar este gran cambio: