Antonio Fraguas
Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio.
Antonio Fraguas
Para conmemorar o Día das Letras Galegas organizamos distintas actividades en varias xornadas nos próximos días:
- O día 9 temos un contacontos
- O luns 13 celebramos a III Romaría das Letras Galegas da Sobreira
- O mércores 15, na sesión de lectura, as mestras lerán lendas e romances de tradición.
- O xoves 16, todos reunidos no salón de actos, o alumnado de 6º fará lecturas de Antonio Fraguas e un percorrido pola súa biografía. Despois visionaremos unha entrevista súa en video e despediremos o acto cantando o Himno de Galicia.
Moitas grazas!!
Antonio Fraguas
Preparando a conmemoración do Día das Letras Galegas, o luns 21 celebraremos a II Romaría da Sobreira compartindo unha merenda e concerto didáctico de música tradicional a ritmo de rumba!!!
Para conmemorar o Día das Letras Galegas organizamos distintas actividades en varias xornadas nos próximos días. Para o luns 14 andamos a ensaiar este rap do CEIP Antonio Fernández López de Sarria (Lugo).
Moitas grazas!!
CEIP Antonio Fernández López de Sarria (Lugo).
Moitas grazas!!
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro, data do seu nacemento) cada titoría ofreceu un ramo de flores e recitamos poemas da autora e visionamos un video da súa biografía feito polo alumnado do IES.
Participamos da actividade que este curso propón a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG): #AbrideAfiestra
Penduramos das fiestras da biblioteca carteis con versos e algún elemento iconográfico do seu universo para lles dar luz e compartir as súas verbas con vós.
Compartimos un tempo coa escritora Fina Casalderrey!!.
Este curso 2016/17 todo o alumnado de Educación Primaria e de 6º de Educación Infantil estivo a ler libros dela nas sesións de lectura de cada mañá.
E ti que farías por min? |
O meu avó é unha gata |
Quen me quere adoptar? |
Chamizo |
Dúas bágoas por máquina |
A lagoa das nenas mudas |
5 anos | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º e 6º |
Moitas grazas a Enrique, Luís e Leni Pérez,
que nos achegaron o seu bo facer con cantos e instrumentos tradicionais na particular "romaría" que organizamos no cole.
EDLG (Equipo mestras Dinamización da Lingua Galega)
Para celebrar o Día das Letras Galegas,
enchimos o cole de recunchos de lectura coas "madriñas" e "padriños" lectores.
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro, data do seu nacemento) imos participar da actividade que este curso propón a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG): #RosalíaTe.
#RosalíaTe consiste en converterse na Rosalía da que cada alumno/-a se sinta máis próximo/-a despois de repasar a súa variada obra literaria.
Para isto elaboramos unha máscara e un pequeño cartel cun verso que queremos compartir con vós para que fagades algunha foto xuntos.
-descargar video 350Mb (actualizado 24/02/2017) coas fotos #RosalíaTe
Preparando o segundo trimestre imos traballar nas aulas con lecturas de Fina Casalderrey da editorial Xerais.
E ti que farías por min? |
O meu avó é unha gata |
Quen me quere adoptar? |
Chamizo |
Dúas bágoas por máquina |
A lagoa das nenas mudas |
5 anos | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º e 6º |
Grazas aos trámites da ANPA puidemos desfrutar desta actuación do grupo Animar-T
para relaxarnos e compartir un tempo de diversión no final de curso
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Intercambiamos lecturas de Manuel María, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016 con alumnado do CEIP Seis do Nadal a través da webcam!!.
Contactamos con eles na confluenza dos nosos Plans Lectores e polo traballo conxunto de mestres dos dous claustros
Grazas a unha proposta do profesorado de infantil, chegouse a realizar unha videoconferencia co primeiro curso do CEIP 6 DE NADAL para rercitar poemas do noso homenaxeado Manuel María. Os rapaces e rapazas de 4º e 5º de primaria do CEIP SOBREIRA recitaron aos nenos de primeiro do outro cole e os de primeirro aos nenos e nenas de infantil.
Aquí temos unha pequena mostra do acontecido.
Para coñecer a obra de Manuel María
Fernández, o alumnado tivo que atopar os versos que se "perderan" polos patios do cole.
Ao atopar un ovo (cun verso dentro) tiñan que ler o poema no atril, para saber colocar o verso na súa orde.
Para coñecer a obra de Manuel María Fernández, o alumnado tivo que atopar os versos que se "perderan" polos patios do cole
Despois, grazas a Ana, Enrique e Luís, puidemos coñecer os traxes de gala, os instrumentos tradicionais e bailar unhas pezas.
EDLG (Equipo mestras Dinamización da Lingua Galega)