Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xa podedes ler os contos presentados ao concurso na Leoteca!!
Aquí podedes escoitar unha pequena escolma deles para ir facendo boca
Estimadas familias, como xa é habitual, pedimos a vosa colaboración, se queredes, para facer unha manualidade xuntos.
Para isto as vosas fillas e fillos levan un prato de cartón para facer unha coroa. Podedes empregar calquer material e moita imaxinación.
Non esquezades cortar o centro e poñer un cordel para colgalas do teito.
Podedes traela en canto a teñades feita.
Moitas grazas!!
HAPPY THANKSGIVING !
WE CELEBRATED THIS FESTIVITY AT SCHOOL WITH SONGS, CARTOONS, ARTS, CRAFTS ...
Para seguir repasando o aprendido no taller de "Cociña con Ciencia" podedes ver o seguinte video na súa páxina de facebook
Compartimos un tempo coa escritora An Alfaya!!.
O pasado curso 2015/16 todo o alumnado de Educación Primaria estivo a ler libros dela nas sesións de lectura de cada mañá.
Este venres 25, tivemos un obradoiro con Pepe Solla e o Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC compartimos unha mañá cociñando con todo o alumnado.
Practicamos onde gardar os alimentos co taller da "compra"...e degustamos a receita dos pequenos chefs feita coas súa propias mans...eso sí, moi limpas, xa que aprendimos que para que os "microbios" non cheguen aos alimentos, temos que manipulalos coas mans limpas!
Moitas grazas a Graciela, microbióloga investigadora do CSIC, por achegarnos este obradoiro!!!.
Tivemos unha clase moi especial, da man de Belén, nai de Lidia e Martín de 3º de EP.
Descubrimos as propiedades da materia experimentando a solubilidade e achegámonos á táboa dos elementos e aos átomos.
Moitas grazas Belén pola túa colaboración.