Proxecto ARCO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

Students Moved by Science

"A ciencia en movemento".

Presentámosvos esta fermosa barbantesa, 

almorzo en 5ºEP

"Santateresiña", inquilina da titoría de 5º de EP almorzando unha bolboreta esta mañá.

 

 

REUNIÓN INICIO CURSO COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Martes 23

 temos a reunión coas familias de Educación Primaria nas aulas de cada titoría.

- 16,15h 1º e 2º

- 17,15 3º e 4º

- 18,15 5º e 6º

COMEZO CURSO 2014-15

10/09/2014 09:15
Europe/Madrid

Mércores 10 de setembro, 9´15h

Rapaces, familias, mestres e toda a comunidade educativa comezamos o novo curso 2014-15 xuntos no patio cuberto de primaria compartindo un breve saúdo.

A entrada na escola é un momento importante na vida dos nenos e nenas. O mércores, primeiro día, facede as cousas con tempo, que non haxa que saír ás presas.

Se o neno ou nena, está excitado, chora e non quere entrar, primeiro debes tranquilizarte ti e esperar a que se calme. Ao deixalo na escola non o enganes, non lle digas que te quedas alí. A mestra é unha persoa con experiencia en nenos da súa idade e a clase está preparada.

Ao voltar a casa amosa interés polo que fixo, pero sen insistir se el ou ela, non quere falar dese tema.

 

 

MÉRCORES 10 de setembro, 9'15 h.

AXENDA ESCOLAR

axenda escolar 2014-15

Este curso 2014-15 teremos á vosa disposición esta Axenda Escolar. Prezo 3,50€

Festa Despedida curso 2013-14

 

Nesta xornada de despedida do curso 2013-14, pasámolo en grande na festa organizada pola ANPA, moitísimas grazas pola vosa colaboración e implicación neste curso escolar.

Enlace á gelería de fotos

Compartimos unha gran merendola e agasallámonos abrazos e bicos para desexarnos un moi FELIZ VERÁN!!!Guay

6th Degree Graduation Walking March

19/06/2014 11:00
Europe/Madrid

Ás 11,00h celebraremos un acto de despedida do alumnado de 6º curso de Educación Primaria e de 6º de Educación Infantil ao que están convidadas as familias.

♫ ♪♩Todos Somos Capitáns ♩♫ ♩

No terceiro trimestre estivemos a traballar a música nas creacións audiovisuais co programa "moviemaker". Así  o alumnado de 6º argallou, preparou, protagonizou, realizou e producíu esta película.GuiñoRisa

 

ENGLISH FESTIVAL

19/06/2014 12:15
Europe/Paris

Xoves, 18 de xuño  12,15h a 14,00h

Salón de Usos Múltiples

CEIP Plurilingüe Sobreira - Valadares

1ª ACAMPADA "na Sobreira"

26/06/2014 00:05
Atlantic/Bermuda

O segundo venres do mes de xuño levouse a cabo unha Acampada de Convivencia, no recinto escolar, para pais, mestras e rapaces, na que participaron un importante número de familias.

Nesta ocasión púxose un inchable por conta do Restaurante Moisés. Coa aportación de todos os asistentes tivemos unha cea común, houbo xogos e televisouse o partido da Selección Española.

Pola mañá a ANPA conviduou ao almorzo.

1ª acampada na Sobreira 

Día Mundial do Medio Ambiente

05/06/2014 12:15
Europe/Madrid

O alumnado de 4º e 5º de Primaria conmemoramos esta data tan especial cunha interesantísima clase maxistral de Susana.

Moitas grazas pola túa colaboración achegándote ao noso Laboratorio para compartir a túa tese.

RICO RICO, CON FUNDAMENTO!!

    Este curso moito traballamos na actividade extraescolar de repostería organizada pola ANPA!!

Ummmm!

qué rico rico!!

FESTA EXTRAESCOLARES venres 6 xuño, 17h.

 Prezadas familias, queremos lembrarvos que este venres 6 de xuño a partir das  17h celebraremos a Festa de Actividades Extraescolares, a que estades todos convidados.

Haberá actuacións de Taekwondo, Baile Moderno e Ximnasia Acrobática, e ao finalizar uns pinchos para todos. Durante toda a xornada teremos un posto de venda de bebidas, a prezos populares.

Vémonos, saúdos.
A Xunta Directiva

Simulacro de Evacuación

02/06/2014 11:45
Europe/Madrid

Hoxe realizamos o simulacro de evacuación do Centro.
En 2 minutos 9 segundos alumnado e todo o personal abandonamos as instalacións co apoio loxístico e a rápida intervención do Grupo Operativo de Apoio (GOA) da policía Local de Vigo.
Unha vez finalizado o simulacro o alumnado de E. Infantil e Primaria tivo a oportunidade de ver o parque móvil e falar directamente con eles sobre a importancia do seu traballo.

Topo que?... TOPÓNIMOS!!!

 

Este obradoiro do Servizo de Normalización Lingüística do Concello contén unha serie de actividades coas que se pretende que o alumnado comprenda conceptos como topónimo e toponimia, que saiban identificalos e sexan capaces de clasificalos segundo o seu significado. Farase fincapé na importancia que teñen os topónimos como localizadores e a súa dimensión como patrimonio inmaterial a conservar.