Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Durante a semana do Samaín numerosos monstruos acudiron á aula de 3º.
Ollo, dan moito medo!!
Comezamos unha nova aventura, unha nova experiencia de aprendizaxe... imos facer radio!!
Participaremos na radio do CVC de Valadares: colaborando no programa especial escolar mensual, xunto con outros 5 centros da parroquia, para artellar unha hora mensual de programación.
E, tamén, participaremos no seu informativo semanal aportando reseñas breves coas novas e sucesos máis salientables que acontezan no CEIP Sobreira!!
Seguídenos nesta nova andaina!!
Leo xa ten as mochilas viaxeiras preparadas para este curso!!!
Estamos desexando descubrir todas as emocións que ten escollido para disfrutar en familia!!
O noso Centro resultou admitido, provisionalmente, para participar no programa English Week 2016 dirixido ao alumnado de 6º de primaria.
O proxecto da Biblioteca do noso Colexio,
e tamén do IES Valadares, resultaron seleccionados para incorporarse ao PLAMBE (PLAn de Mellora das Bibliotecas Escolares)
Grazas aos trámites da ANPA puidemos desfrutar desta actuación do grupo Animar-T
para relaxarnos e compartir un tempo de diversión no final de curso
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O traballo de Educación Infantil PREMIADO cun lote de libros e contos que recibiremos no cole!!!
Todo o alumnado de educación infantil, na sesión semanal de taller de Filosofía, estiveron traballando cun conto xenial: O Monstro de Cores.
E a partir deste conto cada clase inventou outro... e así foi que:
a aula de 3 anos inventou "Un Día con Alegría!!!",
a clase de 4 anos inventou: "Un Día con Amor!!!" e
a aula de 5 anos inventou: "Un Día con Calma!!!"
Intercambiamos lecturas de Manuel María, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016 con alumnado do CEIP Seis do Nadal a través da webcam!!.
Contactamos con eles na confluenza dos nosos Plans Lectores e polo traballo conxunto de mestres dos dous claustros
Grazas a unha proposta do profesorado de infantil, chegouse a realizar unha videoconferencia co primeiro curso do CEIP 6 DE NADAL para rercitar poemas do noso homenaxeado Manuel María. Os rapaces e rapazas de 4º e 5º de primaria do CEIP SOBREIRA recitaron aos nenos de primeiro do outro cole e os de primeirro aos nenos e nenas de infantil.
Aquí temos unha pequena mostra do acontecido.
Graciela Ramilo, nai dos alumnos Iker e Adrián, prepararou unha lectura
moi especial para o alumnado de 3ºe 4º de EP.
Moitísimas grazas pola colaboración!!