Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Para coñecer a obra de Manuel María Fernández, o alumnado tivo que atopar os versos que se "perderan" polos patios do cole
Despois, grazas a Ana, Enrique e Luís, puidemos coñecer os traxes de gala, os instrumentos tradicionais e bailar unhas pezas.
EDLG (Equipo mestras Dinamización da Lingua Galega)
da Sobreira premiados con catro días de convivencia e actividades en Culleredo.
Resultamos seleccionados, polas nosas actividades durante o curso, ás Xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura, a celebrar do 24 ao 27 de maio no Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo).
Un grupo de 50 alumnas e alumnos, das catro provincias, (acompañados dun/ha profesor/a) participará durante catro días dun intenso programa de actividades todas elas relacionadas con actividades colaborativas, xogos tradicionais, lectura expresiva, xogo dramatizado, danzas do mundo, ...
O programa complétase cunha visita á Biblioteca Pública Ágora e ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, de A Coruña.
Neste video presentamos un resumo das nosas actividades e responsabilidades como voluntarios da biblioteca.
Para coñecer a obra de Manuel María Fernández, homenaxeado nas Letras Galegas 2016, tivemos a representación teatral de
"O Bigote de Mimí" para todo o alumnado.
Tamén un obradoiro de "Xoguetes Naturais" a cargo de Xosé López González e
José M. García Fernández
EDLG (Equipo mestras Dinamización da Lingua Galega)
Entrega de diplomas e premios na Leoteca!!
"Historias en poucas palabras"
Tratábase de inventar unha historia a partir dun anuncio de xornal!!
Para conmemorar esta data, Día da Familia, todo o alumnado de Educación Infantil leva un agasallo feito por eles.
Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil presentaron o "lema de convivencia" que presidirá este mes de maio:
O NOSO PASADO ABRE A PORTA AO FUTURO!!
OUR PAST OPENS THE DOOR TO THE FUTURE!!
Es capaz de lembrar como era a Leoteca antes do gran cambio e gran traballo deste curso???
Neste video podes ver o gran cambio, e a gran metamorfose que experimentamos.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración en todas as nosas iniciativas.
Moitísimas grazas!! entre todos recadamos 450€
Participamos nunha campaña de Save the Children.
Nesta edición, a recadación de fondos conseguidos polos centros que participan na actividade será destinada aos programas de desenvolvemento e emerxencias que Save the Children ten para combatir a desnutrición infantil en Burkina Faso.
Trátase dun marcapáxinas solidario. No mes do día do libro, os marcapáxinas cos dereitos da infancia levan unha cara en branco para que os rapaces poidan decoralos ao seu gusto. Despois, solicitarán aos familiares e amigos un donativo a cambio de cada un.
Para agradecer a participación de todas as alumnas e alumnos que decoran os marcapáxinas.
(clicade na imaxe para visitar na web este proxecto de Save the Children).
SANTI, O PAPÁ DE PABLO ENSINOUNOS O QUE É A RESISTENCIA ELÉCTRICA: O GRAO DE DIFICULTADE QUE TEÑEN OS ELECTRÓNS PARA FLUIR A TRAVÉS DUN OBXECTO
PRIMEIRO MEDIMOS CUN POLÍMETRO, DESPOIS COMPROBAMOS CÓMO UNS MATERIAIS TEÑEN MOITA RESISTENCIA ELÉCTRICA: NON DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA. E OUTROS TEÑEN POUCA RESISTENCIA ELÉCTRICA: DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA.
E DESPOIS FIXEMOS UNHA RODA E A LUZ ENCENDEMOS!!! (PORQUE A TRAVÉS DE NÓS A ELECTRICIDADE PASA)
Moitas grazas Santi