Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Para conmemorar o Día das Letras Galegas organizamos distintas actividades en varias xornadas nos próximos días. Para o luns 14 andamos a ensaiar este rap do CEIP Antonio Fernández López de Sarria (Lugo).
Moitas grazas!!
CEIP Antonio Fernández López de Sarria (Lugo).
Moitas grazas!!
Os nenos e nenas de Educación Infantil, traballaron a reo na praia de Bouzas onde foron mariscar xunto coas súas mestras da man dun grupo de expertos mariscadores.
Aprendendo a Amar o Mar...
Pincha aquí para ver máis fotos
Estimados lectores e lectoras, xa chegou a primavera á leoteca Bibliosoños!!!
Pasou marzo ventoso e aquí chega xa abril chuvioso cargadiño de: contos, poesías, xornais e novos concursos!
Non podemos consentir que as trazas, ou couzas, veñan de lambonas a comer nos nosos libros favoritos, de modo que convidamos a unha pandilla de morcegos (que devecen por comer trazas e couzas) a vivir na nosa Bibliosoños.
Precisamos un nome para a súa colonia, de modo que, ánimo!, colle unha tarxeta na corcheira á porta da Leoteca e deixa a túa suxerencia
Tes ata o luns 30 deste mes de abril!
Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria visitaron o Monte do Castro para coñecer o monumento adicado ao trovador Martín Códax e tamén o Museo do Mar, onde puideron contemplar de cerca o Pergamiño Vindel antes de que viaxara de novo á Morgan Library de Nueva York.
O venres 2 de marzo foi un día moi especial. Os nenos e nenas de 6º (2.017-18)mantiveron unha charla de 40 minutos con responsables e científicos da base Juan Carlos I que España ten na Antártida, que moi amablemente nos contaron unha chea de cousas interesantísimas, curiosidades, anécdotas..., sobre como é a vida na Illa Livingston ao longo dos meses que hai campañas de investigación. Os rapaces tiveron a oportunidade de facerlles preguntas sobre a capacidade que ten a base, como son as construcións nas que viven e traballan, como se realizan as comunicacións, como se tratan os residuos, cales son as rutinas diarias de toda a xente que habita alí, científicos, técnicos,... Ademais tivemos a sorte de coñecer a Ana Pintado, científica viguesa da Complutense de Madrid que estuda os líquenes que se atopan na Antártida. Toda unha experiencia e un privilexio que queremos agradecer a todos os que fixeron posible que charláramos en directo coa Antártida... en galego!!!!
Grazas Camilo, Antonio, Joan e Ana.
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro, data do seu nacemento) cada titoría ofreceu un ramo de flores e recitamos poemas da autora e visionamos un video da súa biografía feito polo alumnado do IES.
Participamos da actividade que este curso propón a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG): #AbrideAfiestra
Penduramos das fiestras da biblioteca carteis con versos e algún elemento iconográfico do seu universo para lles dar luz e compartir as súas verbas con vós.
Estimadas lectoras e lectores,
Este mes de marzo está “cargadiño” de conmemoracións “verdes” (medioambientais).
Quero compartir con vós este almanaque e invitarvos a pasar polo Rincón Fedello nas próximas semanas!!!
(teréi algo preparado para que enrededes “en verde”)
5 Día Mundial da Eficiencia Enerxética
15 Día Mundial do Consumo Responsable
21 Día Internacional dos Bosques
22 Día Internacional da Auga
24 Día Internacional da Hora do Planeta
Un saúdo, o voso amigo Leo León.
La semilla de la amistad ha prendido entre nuestro colegio y el CEIP Pablo Sarasate de Móstoles.
A raíz de la terrible jornada de incendios del pasado 15 de octubre de 2017, todos estamos ilusionados por "regar" esta relación con trabajos, atenciones y encuentros para que crezca fuerte como los robles (carballos) que en los dos colegios estamos cuidando con esmero.
Muchas gracias por vuestras muestras de afecto y por los preciosos trabajos que nos habéis enviado!!!
Na hora de lectura, entregamos os premios do Concurso de Contos de Nadal. Da gusto ver a biblioteca chea de alumnado que participa das propostas e actividades !!!